Facebook Twitter Google +1     Admin

¿NON ENTENDO?, OU SI ENTENDO

20100204102717-20070410elpepivin-5.gif

 

 

              Segundo o circo que montou o Conselleiro Rueda,    teñen parados na garaxe unha vintena e coches, que Rueda dixo  que os mercará o bipartito, que eran uns despilfarradores; como             as mentiras teñen as patas cortas, prono se soubo que a maioría os mercara Feijoo  cando foi Vicepresidente, incluso tiña un Audi    de propiedade particular, o  que non sei se o mercou, ou llo       regalaron. O asunto é que, pra non contradicir a  prédica de austeridade recorreron á trampa de  mercar coches pros Altos Cargos, a través de empresas da xunta.

              O mais escandaloso é que por ese sistema levan adquirido, en menos dun ano, preto de catrocentos vehículos, por un importe superior ós mil millóns de pesetas.

                A compra de vehículos por varias  empresas sírvelle á Xunta pra face-la compra con opacidade, sen concurso e, curiosamente, figurando o mesmo operador.

                  O coche da Conselleira do Mar, adquirido por este procedemento, non deixa de ser unha area  nun deserto.

                  O mais indignante é que non hai unha interpelación no Parlamento, o que tamén se podía aproveitar pra que Rueda Explicara o do aforro de 500.000 euros,  e logo se gasta mais de seis millóns de euros . Non son un experto en matemáticas, pero non  me cadran as contas.  Tooooooma austeridade.

04/02/2010 10:27 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

Autor: piuxiño

O mantemento destes altos cargos, si que nos sae caro aos galegos, pódese dicir que estan ben mantidos, pero, a min non me entra na cabeza, será porque son algo negado, que cambien xamón por touciño -audis por outros máis baratos-, non o trago, ao final, xa veremos como queda o tema e cando se fagan as proximas eleccións, tal vez sexa posible saber os gastos destes altos cargos no tema dos coches, que iso do leasing ou o outro do rénting, non me soa a galego, e paréceme que non saldra ben, ninguén regala nada nin dá nada sen pedir algo a cambio, o mellor, é que estes paxariños de altos voos, fixesen uso dos seus coches como facemos a mayoria dos traballadores para acudir ao chollo.
Estaría ben unha carroza para o presidente, pero o demas, sobra e se me poño, tamén sobra a autonomia que temos que nos sae maís cara que a cidade da cultura...

Fecha: 04/02/2010 19:37.


Autor: Ramiro

E digo eu.... non sería mellor que aos altos cargos se lles dese un bonobús? Menos gasto, menos contaminación e menos cara lavada no uso dos fondos públicos. Xa abonda de gastarse a miña pasta!!!

Fecha: 04/02/2010 19:38.


gravatar.comAutor: eu o autor

Asino a proposta de Ramiro

Fecha: 04/02/2010 20:11.


Autor: pitaazul

Na campaña electoral armárona cos audis e despois tiñan que facer un lavado de cara de cara a opinión pública, entón os audis estan nos garaxes de xunta e mércansen ou alúganse outros que pagamos tódolos galegos e eles a vivir, e por enriba ninguén di nada.

Fecha: 04/02/2010 23:03.


Autor: a cabra do saviñao

Vaia cara a do Freijolito!!!, e vaira rostro pálido o señor Rueda...menudo mafiosillo.
A culpa é de quen lle cree as súas lerias a eses moinantes.

Fecha: 04/02/2010 23:10.


Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris