Facebook Twitter Google +1     Admin

DE CACHONDEO

20100206111526-nueva-ley-k.jpg

                    Hai unha enquisa

           A Xunta págalle a LA VOZ DE GALICIA 150.000 euros pra que informe  dos orzamentos; unha de dúas, ou son impresentables e queren que nos fagan comulgar con rodas de muíño, ou é a enésima subvención encuberta a LA VOZ DE GALICIA. Este non é o primeiro contrato adxudicado a este diario, sen concurso e sen publicidade, o que contradí o prometido por Feijoo en campaña electoral. Claro é unha mais das promesas incumpridas, que mais da, no Pazo  do Hórreo  solo se está pra que chegue o final  de mes.

                Esto dous contratos, non son un caso único, o Conselleiro de Cultura, segue espremendo a Cidade da incultura con contratos opacos, ó que hai que engadir o contrato de Meca, do que se  descoñece o importe,  o foi moi comentado: tamén atopou no xacobeo unha mina pra adxudicar contratos, sen publicitalos.

                Alucino que nada se mova, cando tódalas consellerías parece que están a competir por repartir prebendas entre os amigos. Feijoo e os seus colleron a Galicia como un botín, unha gran finca da súa propiedade, pras súas tropelías e os contratos son adxudicados ós amigos, a dedo, sen concorrencia e sen publicidade.

 

 

 

 

 

06/02/2010 11:15 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

Autor: De Cantelo

Tes moita razón no que dis, a campaña mediática que A Voz está a facer a prol da fusión das caixas é algo escandaloso. Xogan o papel de eco das políticas de Feijoó...por algo será..

Fecha: 06/02/2010 19:45.


Autor: Xeve

Lamentables as declaracións que hoxe saen en prensa do portavoz popular no concello de Pontevedra, Telmo Martín, chamando fillos de puta aos medios de comunicación.
Vese que non todos os populares se sinten tan ben tratados polos xornalistas.
A este xa se lle vai descubrindo o talante que
ten...
Pola boca morre o peixe!!!

Fecha: 06/02/2010 19:48.


Autor: Balbino

É comprensible o desta xente, lembremos que o 2º terzo do Gurtell está a caer, e todos estamos impacientes porque se faga pública a lista da caixa "B" do Bco de Santander de Pontevedra.
Ti tamén, verdade Telmiño?, coido que a ti e a mailo teu xefe provincial quèdanvos poucos dias na política.
O que ten cu ten medo...

Fecha: 06/02/2010 19:50.


Autor: Jonsas

Creo que cada quen pode ter a opinión que quera, desde logo pode ser esto un pouco maleducado, pero esto non e roubar....

O problema de verdade é o de miranda deputado do pp que cobrou 22.370 euros en dietas por desprazamento, namentras ia en coche oficial de Baltar, a quen despois traicionou comportandose como un autentico xudas iscariote,

Polo tanto unha cousa é a maisima educación e outra a estafa popular de sempre e que afecta o bolsillo o pagar os nosos impostos. non a miranda! miranda dimisión!

FRIJOLES ESCOTIA O POBO ESTA NA LOITA

Fecha: 06/02/2010 19:53.


Autor: laura

Miranda é un chulo e un chaqueteiro, en Ourense ben o sabemos. Por iso non me deu ningunha lástima o resultado do último congreso do PP en Ourense. Non é que os Baltares sexan o paradigma da democracia, antes ben son unhos verdadeiros caciques, pero ese advenedizo do alcalde de Ourense e os comisarios políticos de Feijoó na provincia, léase Miranda e o superdelegado ben merecían un revolcón como o que levaron.
E eu ríome a esgalla, claro..

Fecha: 07/02/2010 14:26.


Autor: Lestrove

A min váleme lembrar as verbas de Antón Losada sobre este feito candi di que Disque o clan Bal-tar comeulle as papas ao candidato que apadriñaban O Noso Mariano e O Noso Alberto, quen tivo que volver dicir en alto que o PP é o dos Nosos Baltares.
A guerra polo poder foi sucia e total. Un chamáballe ao outro cacique e fillo de papá, e o outro tildábao de tramposo e faltón.
A cousa foi tan fea que xa se avisou dende o primeiro minuto do novo baltarato que vai haber pouca piedade para os vencidos. Dixo O Noso Alberto que a pelexa tabernaria disputada en Ourense foi un exemplo de democracia interna e un triunfo de todos.
Non digo que non. Pero para min que foi todo o contrario...
Sabias palabras que eu subscribo totalmente.

Fecha: 07/02/2010 14:41.


Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris