Facebook Twitter Google +1     Admin

O SAQUEO

20100209114011-n-c3-ba-c3-b1ez-feij-c3-b3o-galicia-la-voz-g17p5f1.jpg

  

                   A economía galega, o Pais, está sendo saqueado, non solo nos queren quita-la identidade como Pobo, tamén nos están saqueando as riquezas materiais. Non hai nin unha sola consellería que non faga uso e abuso da adxudicación de contratos a dedo, arrasando as empresas de fora. O mais felino é a lei de caixas, que queren controlalas, fusionalas e sanealas pra entregarllas a Caixa Madrid, creando un gran grupo financeiro do PP; mentres, inocentemente algúns falan dun ataque a Galicia do goberno de Madrid; eu sospeitaría oíndo a Rajoy, Feijoo, Rueda, Louzán, Telmo e Mirinda falar do tema; como mínimo mosquearíame.

                    A fusión das caixas non ten, como se podía pesar, o mesmo significado e os mesmos obxectivos pro PP e pro BNG.  Mentres pro Bloque sería a constitución dun grupo financeiro galego, no que se podería apoiar a estratexia económica do goberno, pro PP é facilitar a absorción por Caja Madrid, pra formar un grupo financeiro vinculado ó PP e, coincidindo coa idea do PSOE, bancariza-las caixas. Neste caso, a Lei de Caixas Galega, quítalle poder ós concellos dominados polo PSOE e favor da Xunta e esa é causa da discrepancia de PSOE  e PP.

                   Con moito o caso mais salientable dáse no campo de enerxía, onde Hiberdrola é a que marca a liña do goberno.

                   Sanidade e a asistencia social é ónde empresas vinculadas co PP están a florecer; resumindo Galicia é unha lonxa de negocio.

09/02/2010 11:40 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

Autor: Carmela

Neste camiño Feijoo envolvéuse na bandeira galega para construír un discurso de "quero salvar o poder financeiro dos galegos" a que, sorprendentemente, déronlle cobertura algúns medios importantes e axentes sociais con responsabilidade. Así, os nacionalistas comparten pancarta co responsable de impedir que Galicia tivese un Estatuto renovado e novo competencias e financiamento.
Os empresarios, sempre defensores da solvencia e a importancia dos impostores das Caixas, admiten sen protestar que se negue por lei a representación que lles correspondería no Consello aos municipios con máis depósitos e emprendedores.
Os sindicatos, que se enchen a boca defendendo o papel das entidades sociais, non erguen a voz ante o feito de que o terceiro sector teña representación decidida a dedo pola Conselleira de Facenda, nun exemplo de nepotismo propio doutras épocas.
Xornalistas de rigor contrastado, sempre atentos a denunciar calquera perda de calidade democrática nas institucións louvan, sen enroxecerse, unha norma que cambia as maiorías para aprobar fusións e SIPs a través dunha burda manobra que elimina a referencia aos estatutos das Caixas (xa que en Caixanova esixíanse os 2/3 para aprobar a fusión).
Asi nos vai o choio...

Fecha: 09/02/2010 15:57.


Autor: Nunca máis

Non queremos un "Prestige" financieiro ¡ ¡ Manifestación contra a fusión, sí !
¡ Vigo non se rinde ! Vigo, hoxe, será a tumba do caciquismo !

Fecha: 09/02/2010 16:00.


Autor: Satrusto

Dáme que lles estamos facendo o xogo aos que aglutinan o poder e pretenden seguir facendoo. Se non hai fusión agora con outra entidade galega, haberaa máis tarde sabe Deus con quen.
O mundo financeiro necesita entidades maiores en tamaño e presenza no mercado... e unha caixa pequena será devorada nun futuro por calquera quenlla.
Podemos quedarnos como estamos, pero iso nos depara un futuro peor. Pode ser que estea mal exposta a fusión, pero o mundo cara ao que nos diriximos reclámaa. Desde logo que debe haber condicións e reparto de cotas de presenza da caixa resultante da fusión, pero negar que é imprescindible non só é localista, é decimonónico.
Fusión si, condicionada e peleada para conseguir os mellores resultados

Fecha: 09/02/2010 16:06.


Autor: Leborán

Queremos polìticos serios que non nos manexen como marionetas, mentìndonos para os seus intereses e nos opinando sin ter nin idea do que està acontecendo en Madrid, seamos razonables, pensemos en Galicia e intentemos que haxa fusiòn entre as duas grandes ou ìmolo pagar caro

Fecha: 09/02/2010 16:07.


Autor: Man

Como poden vir falando de galeguidade persoas que están intentando acabar co galego?
O de galeguidade é outra estupida escusa para tapar o mal estado en que se atopa CAIXAGALICIA, e por iso como tantas outras veces necesitan que os vigueses vaiamos de salvadores, pois eu non penso aceptalo, esta Caixa (CAIXANOVA) é a que fai algo por nós, a que se interesa por que realmenta Galicia avance, axuda a canto sector hai e promóveo.
E nas vilas, quen promove actividades (cine, teatro, xogos) os alcaldes? non señores, se se fixan o cartel é de CAIXANOVA, e aínda que haxa a 2 metros CAIXAGALICIA, deles NUNCA NUNCA sae nada, ¡Anda e que lles tapen a súa mala xestión outros!

Fecha: 09/02/2010 17:43.


Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris