Facebook Twitter Google +1     Admin

XA ESTAMOS EN CAMPAÑA

20100227110854-burro60.jpg

 

                      Chámanlle precampaña, e dicir, que a campaña virá despois, !cantos rebuznos nos     agardan!. Esto é face-las cousas con tempo, falta mais de un ano e medio pras eleccións, e xa teremos que escoitar novas promesas cando non se fixo nada do prometido, agás a deconstrucción do pais.

                       A esta xente temos que recoñecerlles un valor, pra eles non existen límites morais, nin recoñecen erros, nin fracasos, por eso iniciaron a súa longa precampaña en Allariz, concello no que Miranda está na oposición, unha oposición, na que o PP leva 20 anos.

                       O PP xa ten decidido cales serán os seus candidatos nas principais cidades, é unha lista de personaxes, dos que sobresae Negreira na Coruña e Telmo en Pontevedra, aínda que este último ten tantos intereses urbanísticos na cidade do Lérez que prefire estar agochado, manexar e facer negocio; Conde Roa e Corina parecen fixos nas listas, pero é significativa a incógnita de Ourense onde hai que contar con Baltar.

                       O Goberno de Feijoo recibe ós candidatos do PP como si xa foran alcaldes, mentres ningunea ós titulares das alcaldías, eso demostra que o goberno da Xunta non ten, sequera, aparencia de ética, nin vergoña.

                       !O que nos queda!; esto non debía estar permitido, !menudo costo de campaña!. tooooooma austeridade.

                        Quédame unha dúbida, ¿prestaralles Citroën un coche pra campaña, a cada candidato do PP, como fixo con Feijoo?

27/02/2010 11:09 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

Autor: Ventureiro

Menudo plantel o que presenta o PP nas vindeiras municipais...especialmente nos concellos das cidades da Coruña e Santiago de Compostela. Neste último caso eu ainda espero que releven a Conde Roa, un tío que non o queren nin na propia agrupación local compostelana. A ver se cun pouco de sorte o levan para a Xunta, como xa fixeron con outros concelleiros, e deixan paso a novas caras. O propio Roa leva tempo facendo as beiras ao goberno de Feijoo por se cae algun puestiño...
O caso da Coruña da máis medo todavía. Só pensar que pode gobernar Negreira deixa a un co corpo tremendo. Seria catastrófico!!!

Fecha: 27/02/2010 14:07.


Autor: Ramiro

O certo é que algúns non se baixan da campaña na súa vida. Mesmo parece que aos que ocupan agora mesmo a Xunta se lles ten esquecido que o que toca é gobernar. Menos contos e menos promesas e máis accións.

Fecha: 27/02/2010 15:35.


Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris