Facebook Twitter Google +1     Admin

20100301110019-feijoo9.jpg

 

                    Feijoo tiña previsto a celebración do seu primeiro ano triunfal. Nada tiña O Emperador que celebrar, solo o seu aniversario, o aniversario da chegada das hordas fascistas ó poder, como naquel ano do 1939. son semellanzas, que aínda que  distantes no tempo, gardan un rancio paralelismo, e eso é o que pretende salientar o líder; non creo que pretenda, aínda que debía, destaca-los logros en corrupción Miranda, Cerceda, Parque Móbil, oposicións, eólico, retablo, comedores escolares, Consorcio, Xacobeo, Abegondo, Telegaita, Cidade da Cultura, Albergues dos peregrinos, subvencións, Deputacións,  dictamines, e mais que agocha e que a oposición non sabe explotar. Mais  da metade dos contratos da Xunta por adxudicación directa  e sen pulicitalos. 

                    Dentro dos contratos non se pode esquece-las adxudicación a sobriña de Romay, o seu padriño na política, a min dáme repelos falar deles, porque so a indecencia absoluta.

                    Quero deixar ven claro que unha parte do PP non aproba a deriva de Feijoo e son tan demócratas como calquera, ó mesmo tempo hai que salientar que eses mesmos militantes son  corresponsables das políticas de Feijoo por omisión.

                    A corrupción, como xeito de gobernar, é rendible cliantelarmente, pero leva ó pais a un atraso secular; pero eso ó líder non lle importa, o único  que lle importa é o boato.

                    Ruiz Miranda resistiuse a devolve-las de custo, porque o mesmo Feijoo fixo o mesmo, ó final conseguiron que fixera unha devolución simbólica pra dete-las críticas, e Feijoo saliu coa súa muletilla de honestidade, demostrando que é capaz de vender xeladeiras no polo norte, que ten moita cara e moi dura.

                    O concesionario de Citroën en Santiago regaloulle un C-6, tamén Citroën lle regalou un peugeot, sendo líder da oposición, de eso deulle ós periodistas unha resposta inaudita, alegando, sen inmutarse, que os pagara.

                    Tiña pensado celebrar o aniversario do seu primeiro ano triunfal, pero o temporal estroupeulle a festa: o caso é que Basagoite lle prometera asistir o aniversario do sae ano triunfal. Mais mal lle foi a entrevista co Lendakarí, quería exportarlle a idea da súa política de confrontación, pero parece que eles están pola convivencia.

                     Feijoo é un personaxe que vai facer grande a Franco, o dictador xa deixará de ser pequeno e baixiño, e a Longa noite de pedra, de Celso Emilio, tróuxonola Feijoo.     

01/03/2010 11:00 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

Autor: Cati

eijó fai un ano nos dicía en campaña electoral que el si que sabía como acabar co paro, a crise e os demais problemas de Galicia, que dende a Xunta podíase facer moito, que se el era elexido Presidente da Xunta en poucos meses viríamos os resultados. Cando gañou tiña moita presa en ser elexido e a partires do momento en que foi nomeado presidente da Xunta empezou a tirar balóns fora e dicir que todo era culpa do Goberno Central, do Bipartito..que dende a Xunta non se podía facer nada, onde quedaron as túas solucións e medidas?

Dende a chegada deste señor temos máis paro, máis crise, máis EREs, o conflitos sobre a lingua agravouse co rexeitamento á política linguística da Xunta de organismos tan prestixiosos como a RAG,CCG, Universidades, asociacións de pais, escritores, sistema educativo, sindicatos incluidos os da dereita...a sanidade pública está de mal en peor, conflitos laborais, o agro patas arriba, eliminacion da gratuidade dos libros, abuso por parte de Miranda no tema das dietas sobre kilometraxe, menos inversión pública en educacion, sanidade, infraestructuras, etc, conxelación do soldo dos empregados públicos mentres eles aumentanse os pluses, dietas, etc ata chegaronron a dicir que ían a eliminar o complemento que daba a Xunta das pensións máis baixas, conflitos nas caixas...e asi un longo etc.

E ante isto a resposta que obtemos da Xunta é; A CULPA É DO GOBERNO CENTRAL e dos demais, salvo cando os datos son bs que entón é grazas ao goberno Feijóo09.

E entón se no resolven nada e o único que fan é crear problemas e segúndo eles dende a Xunta non se pode facer nada , para que queremos Xunta? porque ue eu saiba teñen moitas comptencias en traballo, industria, economía..e o Estado español é un dos máis descentralizados do mundo onde as comunidades autónomas gozan dun gran teito competencial e ámbito de manobra.

Fecha: 01/03/2010 15:50.


Autor: Platord

Eu quero saber a que se adicaron neste último ano na Xunta...aparte de a tocarse as bolas e a tocárnolas a os demais. Total, un ano perdido sen rumbo aparente

Fecha: 01/03/2010 15:57.


Autor: Fumeta

As polémicas do polo azul e as incongruencias na promoción do Ano Santo son algunhas das perlas que nos deixa a tropa de Feijoo no ano que levan en San Caetano. Eu diría que levan a cabo a táctica do caranguexo, un paso para diante e dous para atrás, un camiñar en zig-zag contínuo sen un rumbo fixo.
O mellor de todo foi o sopapo que lle propinaron dende Ourense que fai que o pavo real non poida andar a fachendearse polo territorio galaico...porque o teñen ben collido polas súas partes.
O que parece seguro é que con estes na Xunta non hai semana sen polémica, sempre a meterse en tódos os charcos.
O meu veredicto é un suspenso sen paliativos.

Fecha: 01/03/2010 17:27.


Autor: Recamán

Eu suspendo ao Feijoo, pero ben suspendido...das súas partes!!!

Fecha: 01/03/2010 17:42.


Autor: pitaazul

Alguen pregunta a que se dedicou neste ano o goberno Feijoo, pois digoche: cargarse todo o que fixera o bipartito galescolas, lei solo, axudas a vivenda, concurso eólico, decreto do galego, etc., etc. Que sacaron eles novo? Nada, estan copiando o que fixera o bipartito e meténdolle parches para favorecer os seus amigos.
E por enriba rodeouse dunha panda de mafiosos, prepotentes e ineptos.

Fecha: 01/03/2010 19:37.


Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris