Facebook Twitter Google +1     Admin

ENQUISA DA SITUACION DO PP de Ourense

20100302111456-mikelaincgnita.jpg

  

                      A enquisa que prantexamos sobre as consecuencias dos resultados do congreso do PP de Ourense evidencia unha polarización nas opinións. Penso, coma a exigua maioría,  que as municipais van ser clave pra perfilar o futuro político de Ourense, en especial o de Baltar; sexa cal sexa o resultado das municipais hai que ter en conta que no congreso pesou, e oito, o feito de que Baltar pai teña o poder da Deputación; o que pon de releve que as Deputacións non son unha fonte de servicios, senón de poder; se alguén ten dúbidas chegaralle con ve-lo proceso que leva o presidente da Deputación de Pontevedra.

                      Aínda que un elevado número de enquisados opina que Baltar eliminará a linea oficial, digamos feixoniana, en Ourense, deben ter presente que no día de hoxe non existe PP fora de Feijoo. Non é casual que se rodeara de políticos de perfil baixo e aduladores do poder, co que  se garantiza un liderazgo absoluto, sen que nade lle discuta o poder, nin as decisións de goberno, por moi desatinadas que sexan; aquí o intres xeral é o de un mesmo.

                      Eu vexo moi probable, como opinan moitos enquisados, en que a liña oficial se cargará o baltarismo, de feito, penso que a vinganza xa empezou, e unicamente se mantén unha tensa tregua pra non romper e perde-lo poder na Xunta.

                      Unha cousa é certa, a mais de lixar o inmenso ego de Feijoo, o congreso de Ourense foi unha patada nas parte nobres de Feijoo e os seus aduladores.

                        Non  ven ó caso do tema, os comentaristas do artigo de onte, fan unhas reflexions moi fondas sobre este último ano de réximen de Feijoo, intentarei poñer un artigo de como vexo eu o tema, despois de ler estes comentarios; tamén non podemos deixar de lado que a súa peregrinación a Roma quizá  se deba a purga-los pecados que leva cometidos neste ano de goberno. É singular o feito de que o Presidente dunha Autonomía lle  vaia a render pleitesía o Papa.

 

02/03/2010 11:14 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

Autor: Tartufo

Menudo timo o da visita ao Vaticano!!!
Hipocrisía en grao máximo : a Xunta agasalla ao Papa cun exemplar en galego do Códice Calixtino. Esta edición, feita polo bipartito, foi duramente criticada polo conselleiro de Cultura, Roberto Varela, o cal ameazou con non pagala e denunciar o seu custo. E agora o presidente presume e gábase da elección do agasallo. Hai que ler de novo o Tartufo de Molière

Fecha: 02/03/2010 16:05.


Autor: Sartalo

Noraboa polos teus comentarios. Estou totalmente dacordo co que dis. Eu tamén votei pensando que de aquí ás municipais os líderes do PP en Génova afilarán as navallas mentres agardan un traspés dos baltaristas en Ourense...e despois axustarán contas, da mesma maneira que fixeron co finado Cuiña no seu tempo. Xa mo diredes!!!

Fecha: 02/03/2010 16:06.


Autor: Auria

A min tamén sorprendeume a pluralidade de respostas con moito apoio nesta enquisa. Unha aperta dende Ourense!!!

Fecha: 02/03/2010 17:37.


Autor: Castrelos con Cachelos

Estou a ver as fotografías difundidas na prensa da visita de Feijoo ao Papa e atopo a Dona Carmen Gámir no séquito (a noiva do presidente, non sei se está ben escrito, pero entenderase...) e fico pasmado.
Quero supoñer que tera aboado a viaxe do seu peto, porque protocolariamente non é ninguén, vamos digo eu.
Xa me amolaría o contrario!!!

Fecha: 02/03/2010 17:40.


Autor: Balarés

Patética visita de Feijoo ao Vaticano no seu primeiro aniversario de goberno.
Para botar unhas risas sobre este feito pegade na barra do navegador a seguinte dirección e dádelle un intro:
http://blogs.lavozdegalicia.es/pintochinto/files/2010/03/tiracolor21.jpg

Fecha: 02/03/2010 17:46.


Autor: Insurxente


Feijoo no Vaticano??
Ao tempo, pero seguro que chegaron ao acordo de suprimir o galego e recuperar a materia de Formacion do espiritu nacional...ja,ja.!!!

Fecha: 02/03/2010 17:48.


Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris