Facebook Twitter Google +1     Admin

URRACAS E ANORÉSICAS

20100305112210-7.jpg

 

                As persoas anorésicas son persoas que sofren un gran desarranxo psicolóxico, son propensas a dicir calquera parida, porque o  seu estado emocional non lles permite facer unha valoración lóxica das cousas, que vaia mais aló de tópicos e muletillas.

                Algunhas persoas anorésicas, xunto ó seu aspecto de febleza física teñen tamén unha febleza psicolóxica e, a menudo, son presas de delirios; precisan sobresaír, facerse notar.

                Hai neste espacio quenes gardan un parecido coas pegas, son córvidos; hai terras, como  no Pais Vasco, onde lles cháman picazas, e urracas en castelán.

                Non é casual a silueta de galgo de palleiro, que se debe adquirir pola carreira  dun a outro comedeiro na precura de mellor choio.

                 O mes de febreiro  non deixou de chover, facía tempo que non chovía tanto, un clima que rebrandece os miolos; eso precisamente foi o que lle pasou a Rosa Diaz, unha política oportunista e amoral. Non ven acaso sacar á luz o que pasa no patio dese partido que ela fundou, porque este patético personaxe non merece sequera o desprezo.

                   So quero engadir unha cousa: Rosa Díaz é amiga de Galicia Bilingüe e de Manos Limpias; polos seus amigos os coñeceredes.

05/03/2010 11:24 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

Autor: M.J.B.Gey

Vergoñentas as verbas desta fulana sobre os galegos!!!
Iso non se di se non se leva dentro. A esta persoa témola que declarar "non grata" ¡xa!
Esta politiqueira con pinta de "mamachiho", sin pretendelo enriqueceu a lingoaxe.
De agora en adiante para definir a xente pouquiña cousa, xenófoba, execrabel, despreciabel, miserable, rastreira e ruín e outros calificativos axeitados o submundo sórdido e escuro e soterrado no esterco: bastará con dicir ¡Rosadíaz

Fecha: 05/03/2010 15:27.


Autor: Pedro

Esta señora é unha analfabeta virtual, (só traballou catro anos como telefonista, ata afiliarse ao PSOE para vivir do conto). Carece en absoluto de formación nin criterio para opinar sobre nada. Non hai que darlle mas importancia, xa que non ten nigún valor.

Fecha: 05/03/2010 15:30.


Autor: X.Amel

Os do PP que non se rasguen tanto as vestiduras, que os Sres. Rueda e Negreira ben que foron con elas na manifestación contra a lingua galega de antes das eleccións autonómicas, organizada por GB. Por certo, xa está correndo pola Rede o eslogan "Con Rosa estamos na Gloria". Tal para cual.

Fecha: 05/03/2010 15:32.


Autor: Leborán

Ao fin esta personaxe se retratou...
Estos son os radicais, he aquí os ultra os provocadores que se dedican a crispar os pobos e despois son eles os que se atreven a decir que os demais son os radicais.

Fecha: 05/03/2010 15:35.


Autor: Bértola

Pois...estiven a pensar eu que o xentilicio que en Galicia correspóndelle a un ou unha integrante do seu partido, é "upeydeiro" (ou 'upeydero', en castelán, vaia), iso si, non no sentido máis pexorativo que ten en galego a palabra "peido", que nós non somos tan maleducados...
Ja,ja,ja,ja....

Fecha: 05/03/2010 15:37.


Autor: Carlos da Feira

Rosinha Diez vai tomar por onde se enfian as agullas.
Es o ser mais noxento da politica de España.

Fecha: 05/03/2010 15:41.


Autor: Anónimo

Rosa Díez, é unha impresentable, e unha resentida social, tanto a nivel persoal, como político.

Perdeu todas as eleccións celebradas dentro de seu ex-partido o Psoe: Primeiro no País Vasco, con Nicolás Redondo Terreros, e logo en Madrid, con José Luis Rodríguez Zapatero.

Como deputada Europea, representando o Psoe, tivo a indecencia e a desvergonza de preparar e fundar un novo partido político, mentres seguía atacando aos seus compañeiros do Psoe, e cobrando o seu salario dese Partido.

No seu día, cando ETA mataba a centos de españois, ela, como Conselleira de Turismo do País Vasco, foi a promotora de eslogan "Ven Euskadi, e contao", dando a entender que, no País Vasco todo era paz e tranquilidade.

E agora, esta desvergonzada, atrévese a atacar a Zapatero, logo de menosprezar e humillar aos galegos, que nada temos que ver coas súas frustracións, e que nin sequera "pasabamos por alí".

E aínda hai galegos que a apoian, e seguen pedindo o voto para esta impresentable, que o é, tanto a nivel persoal, como social, e político.

!Que sinvergonza!

Fecha: 05/03/2010 17:07.


Autor: Roi

Gustaríame saber que opinan os dirixentes de galicia Bilingüe desta mamarracha e oportunista política. Ela manifestouse canda eles, collidiña do brazo de GB, e xunto con Rueda, naquela manifestación contra a lingua galega. Parece que nos seus foros fanse loas constantes desta muller e as súas propostas involucionistas e demagóxicas. Non me estraña...

Fecha: 05/03/2010 17:11.


Autor: Balbino


Como lin por aí, esta é que é Española, no sentido normal da palabra.

Lembro que esta tipa era unha das que sostiña a pancarta na mani de GB xunto con Gloriña, o Pousada, Corina, Rueda, Negreira e o noso amigo Manquiña, como podedes observar, todos grandes amantes e defensores da cultura e lingua galegas, todos eles grandes eminencias do pensamento galego, intelixentes e sen prexuizos, e dicir, la creme de la creme galega.

Este é o reflexo daquela mani na que supostamente se defendia a liberdade, pero que en realidade o que ocultaba e oculta e desprezo e prexuizo hacia o Galego.

Gustariame saber se GB todavía defende e aconsella o voto para esta Española que nos insulta.

Ainda que quizáis eles non se senten, como españoles e negadores do galego, alulidos.

Fecha: 05/03/2010 17:13.


Autor: Egs21

O eruto de Rosa Díez contra os galegos e un máis da longa historia de insultos e ofensas a Galicia e ós galegos. ¡Basta xa de disimular! : dende o século XVI a nosa terra e os que nela nacen son tratados pexorativamente por unha grande parte dos españois. Lede aos clásicos Quevedo, Lope, Góngora, etc; ou se non preguntade a moitos galegos cando saen ao resto de España co seu acento e maneira de ver a vida e o mundo, como se ironiza e "cachondea" a conta deles. ¿Victimismo?. Faltaría máis que por riba tiveramos que seguir dicindo que chove cando mexan por nós.

Fecha: 05/03/2010 17:14.


Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris