Facebook Twitter Google +1     Admin

A DE CAL

20100308104911-file0305.jpg

                  Baltar baixa a cerviz e escribe un panexírico do ano triunfal do réxime de Feijoo; Baltar leva nos xenes a sobrevivencia política, e tende pontes, lisonxea o cabreado líder, pero de pouco lle vai valer, a súa sorte está votada; certo que venceu a Feijoo unha vez, pero no é menos certo que a victoria débella o seu pai, e papa non estará ai sempre pra protexelo. Feijoo é moi vingativo, e xa se pode poñer como queira, pode face-lo que sexa, que llas fai facer pagar. Mellor houbera quedado, aínda que a procesión fora por dentro, unha vez que elixiu o enfrontamento, que gardara a compostura e non amosa unha febleza como fai agora; o dragón non se vai calmar porque si. Os lectores do blog xa se pronunciaron así nunha maioría.

                  Non teño a Baltar por un lambecús, pero é desconcertante o seu panexírico, é tan irreal, que non se sabe certo si é unha burla, un intento vano de congraciarse co líder ou qué esconde tras as esaxeracións.

                  Ós profesionais do poder, como é o caso de Baltar, son sempre enigmáticos. Pode que recibira algún recado intimidatorio, o mellor solo o percibiu, pero nunha intensidade extrema.

                   O señor das tebras debeuse materializar en Ourense, incluso as augas do Miño baixaban negras e revoltas; o medo estremece o espiñazo dos que se enfrontaron ós segundos de Feijoo, pero incluso estes non as teñen todas consigo, pode haber moitos movementos, xa sabemos que Roma non paga a traidores, pero Feijoo non é Roma.

                   Dise que Feijoo ameazou con fundar unha agrupación do PP en Ourense,    desautorizando a Baltar.

                   Baltar demostrou que non é moi bo xogado de poker.

08/03/2010 10:50 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

Autor: Recamán

Tes razón cando dis que é moi sospeitoso o devaneo co cu que fai Baltar jr. cara O LÍDER...sospeitosísimo, diría eu. Malo como o demo!!! Os Baltares levan moitos anos a sobrevivir na política e grazas a política, e penso que son xente que non dan puntada sen fío. Pronto se saberá o que andan a tramar!!!

Fecha: 08/03/2010 15:39.


Autor: A troita

Por favor, autor!!! Adícalle cando poidas un artigo ao conselleiro de In-cultura. Ese tío é un fenómeno, ata deixa ao pito de Educación en evidencia...A derradeira polémica que suscitou sobre o seu discurso en FITUR non ten desperdicio. Miña nai, que gabinete ten elexido Feijoó...de onde diantres sacou a esta xente?? Pregúntome eu...

Fecha: 08/03/2010 15:39.


Autor: Lanús

Moito me rin coa viñeta. Moi bo artigo tamén. Nótase que andas inspirado. Parabéns polo blog dende Arxentina.

Fecha: 08/03/2010 15:49.


Autor: a cabra do saviñao

Menudo elemento o Baltar, non sabe nada o tío. Se vos decatades o enredo que se traen entre as dirección de Santiago e Ourense semella unha partida de xadrez, na que os dous reis, Baltar senior e Feijoó non se expoñen a batirse cara a cara, senon que enredan a partida utilizando pezas de caza menor para ferir ao adversario. Curioso foi o movemento de colocar ao fillo de Baltar na mesa do Parlamento, pero foi unha estrataxema ben calculada de Feijoo, para telo ben controlado e apesebrado, cun coche oficial, secretaria e soldo suculento. O seu obxectivo era sen dúbida afastalo do Consello da Xunta, onde verdadeiramente se cociñan as fabas, xa que o fillo de papi Baltar soaba daquela como un dos fixos parao novo goberno galego. Supoño que ese sigue sendo a súa intención. No Parlamento vívese moi ben, pero non se manexa a situación como en San Caetano, nin se está tan preto do poder. Nos vindeiros meses, de aquí as municipais seguiremos asistindo a este tira e afrouxa entre os dous bandos. Eu non mo penso perder. A ver en que remata todo isto.

Fecha: 08/03/2010 15:57.


Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris