Facebook Twitter Google +1     Admin

O CLAN DOS MIRINDAS

20100312103755-1199917342-f.jpg

  hai unha enquisa colgada

                        Había uns refrescos de laranxa e de limón que se comercializaban baixo o nome Mirinda; non tiñan nada, pese o nome, de laranxa, nin de limón, no seu lugar usaban un ácido cítrico, é dicir, nada era  o  que se  prometía. O mesmo lle pasa ó PP cos Mirindas e demais membros do clac teatreiro do goberno da Xunta.                          

                        Co aniversario da toma do poder na Xunta polo PP, abandeirando un neoliberalismo, co que se pretende facer desaparecer o sector público e converter Galicia non espacio de negocio clientelar, viron a conveniencia de vende-lo proxecto que están desenrolando, orquestando unha campaña publicitaria, que faga comulga-los cidadáns con rodas de muíño.

                        Eu, igual que lles pasaría a moitos lectores da prensa quedábame atónito ó ler algunhos artigos de prensa, entre eles, como non, os dos famosos Miranda, Mirinda pros amigos, gabando a labor do ano de réxime de Feijoo. Cando facías unha síntese dos logros, non atopabas mais que a demolición do que outros fixeron, así como  vagedades e consignas políticas como  si aínda viviramos no réxime de Franco.  

                        Foi unha ofensiva mediática onde se reflectía a talla periodística dos asinantes e as auténticas carencias do réxime, así como no que fundamenta a súa labor deste ano, que non foi, a mais das demolicións, unha parálise                      e  un adulamento ó poder.  Un ano que perdeu Galicia,  non por culpa de Feijoo, por culpa nosa, porque o puxemos nos  ai.

                         Mentres   apuntan unha dieta, chúchanlle o sangue  ó pais, !menudos gaiteiros!

12/03/2010 10:38 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

Autor: pitaazul

Que fixo Feijoo neste ano de goberno: cargouse o decreto do galego. Cargouse as galescoles. Cargouse as normas do habitat. Cargaouse a bolsa de aluguer. Cargouse a gratuidade dos libros no ensino. Cargouse o decreto eólico. Cargouse... mellor non seguir.

Fecha: 12/03/2010 21:55.


Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris