Facebook Twitter Google +1     Admin

SOBRAOO

20100323111041-gallo.jpg

 

 

                      Logo de escoitar o debate da autonomía sumímonos na perplexidade do debate; coa que está a caer, co que Feijoo leva irritando e axitado á xente, coas nulas políticas do goberno, esperaba un acontecemento mais movido, polo menos mais expectación. O día pasou, con mais pena que gloria, e os debates, agás contados momentos, transcorreron na monotonía dun guión pactado e escrito; votouse de menos os debates de Beiras e Fraga; pero tamén se votou de menos a falta de intres cidadá; non me refiro a algaradas dos prexudicados polas políticas da Xunta, senón a que o pobo non se interesou en absoluto polo debate; era como unha pantomima allea ós interese do pobo, desenrolada nun lonxano planeta, moi por debaixo do nivel de Fraga e Beiras, de balde eles eran catedráticos.

                      Feijoo ía de chulo e sobrado, aburrindo ó respetable e soslaiando os puntos problemáticos, incluso se permitiu dáselas de galeguista, un galeguismo inventado por el, rematou a  xornada recollendo velas; Pachi Vázquez, do que esperaba mais, solo tivo algunhos lóstregos na súa oratoria; Aymerich foi mais incisivo e de mais brillante oratoria, pero tampouco foi unha estrela; destacou, eso si, o portavoz do PP Ruiz Ribas, non pola calidade da súa oratoria, senón pola súa chabacanería, lixando o pouco bo que se escoitou.

                      Non lle podemos vota-las culpas a Feijoo, nin á oposición, foi o que eliximos. En Galicia vivimos alexados da democracia, parece que non creemos nela, o mesmo que non cremos nos políticos, tampouco nos axudan os medios de comunicación, pola súa fata de independencia e crítica, atados a uns intereses partidistas non axudan a formar unha opinión e unha conciencia política.

23/03/2010 11:13 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

Autor: Recamán

A falla de ideas no actual goberno para combater a crise que nos asulaga é terrible para Galicia.
Se reparastes no pseudo-debate do Estado da Autonomía a única medida para afrontar esta difícil situación foi...un pacto para contra a regresión demográfica no noso país. MENUDA PARIDA!!! (Nunca mellor dito). E logo que vai facer Feijoó?? Poñerse a chingar coa sua chorva???
E logo levala onde o Papa para consolidar a relación...aviados imos por este camiño.

Fecha: 23/03/2010 12:00.


gravatar.comAutor: eu o autor

Xa o decía Fraga, hai quee fornicar mais, ter mais fillos pra servir a España. E digo, ¿en que pensan? non hai traballo, elíminan ou limitan os servicios sociais, e depois pretendel que aumene a natalidade. !están de coña!

Fecha: 23/03/2010 13:58.


Autor: Leborán

Feijoo=pavo real,
Conselleiro Educación=pito
CONCLUSIÓN...
A Xunta é un galiñeiro!!!

Fecha: 23/03/2010 17:08.


Autor: Volvoreta

O Debate foi aburridísimo porque os tres primeiros espadas son uns mingafrías. Especialmente o representante do BNG, que ten cara de triste!!!.
Freijolito cos seus discursos alleos á realidade tampouco foi moito máis aló.
Pachi nunca me pareceu moi brillante, ás veces ten algunhas ocorrencias, pero non foi esta a millos das súas comparecencias.
A min defraudoume o Debate, para que negalo...

Fecha: 23/03/2010 18:52.


Autor: Castrelos con cachelos

É verdade que os tres tenores desafinan máis do debido, pero as intervencións dalgún dos portavoces si son destacables. Especialmente as de Leiceaga polo Psdg-Psoe e Ruiz Rivas polo PP, que teñen bastante ironía nas súas verbas.

Fecha: 23/03/2010 19:20.


Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris