Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

NOUTRO PAPEL

NOUTRO PAPEL

 

               Feijoo falou dúas horas e solo pra vota-las culpas a outros, non estaba no papel do presidente dun goberno que rende contas do feito, nin dos proxectos de goberno, o tempo empregado debía dar pra explica-lo que fixo; o problema e que durante o ano que leva gobernando dedicouse unicamente a destruír, non fixo nada novo, salvo crear e inventar problemas, tampouco ofreceu proxectos de futuro, fora dos plans que xa anunciara na campaña electoral, pouco cribles polos seus antecedentes.

               As culpas do non feito levounas o bipartito, e os proxectos de futuro non dependen do seu goberno, senón do de Madrid, nesta liña desenrolou unha fase do discurso, cun ramallo de reivindicacións ó goberno do Estado, as propostas aprobadas, debatidas, a centos e no medio dun caos, poden resumirse nunha filloa que fixo o PP co seu rodillo.  Total, inquiro: ¿pra que está ai? Se non é quen de facer nada.

               O martes, que non foi un martes calquera, pro único que serviu foi pra que súas señorías devengasen lexitimamente unha dieta, ben merecida por aguanta-los anodinos discursos

                        Feijoo no debate non estaba no papel de Presidente da Xunta; o debate desenrolouse como si se tratase dunha investidura, non se fixo exame do resultado do ano de goberno; deixounos un  ácimo de proxectos, de plans, que xa sabemos que fin terán; practicou escapismo político, votando a culpa a outros e evadindo os problemas, falando de promesas valeiras, con medias verdades. En termos futbolísticos, durmiu o partido,  así a oposición  xogou ó ritmo que a el lle conviña

                         Neste partido adormecido, non solo se examinaba a labor do goberno, que era o obxectivo principal, tamén se debe valorar a labor da oposición; si o goberno non  tiña mais que ofrecer que un pais  destruído, repetindo a mesma salmodia das eleccións, facendo promesas, verbas ocas, repetindo o de sempre, sen cambiar sequera a música; a oposición non se lle vía no seu papel, e todo resultou insulso e soporífico

0 comentarios