Facebook Twitter Google +1     Admin

RESUMO DO DEBATE

20100325121732-vacas.jpg

 

                      Ningunha resolucións pra aplicar no goberno  de Galicia, podíase esperar, logo de cómo se desenrolou o debate. Haber, o que se di haber, houbo resolucións, laminadas por unha maioría intransixente e feitas mais pra galería que pro pais. Houbo resolucións curiosas, pactadas, como esa do fomento da natalidade; o paro no tivo pai, foi penoso o xeito en que se votaban as culpas; no plan eólico dise que se  restitúe a legalidade, coa inseguridade xurídica que se xenara, fai falta moito morro pra dicir eso. O pacto polo territorio ten moita retranca, tanto polo que é en si, como polo que circulou por debaixo da mesa; Pachi estaba mediatizado polo tránsfuga de Ourense e por algún alcalde   socialista da costa, que quería ter as mans libres no urbanismo; A lei é unha concesión ós intereses  do ladrillo, unha volta atrás, pra satisface-la glotonería dos especuladores. Dentro do grupo socialista xenerouse unha gran tensión, ó final abstivéronse, que pra min é un xeito de apoio, porque si se ten algo claro hai que mollarse, non quedar na indefinición.

                      Pachi ameaza con leva-lo PP ós Tribunais si tocan a Touriñan. Difícil de entender si se apoia a lei que o permite, aínda que  sexa absténdose.         

  1.                       Pensaba facer un resumo das propostas; sobre a marcha, dinme conta de que sería darlle importancia a un debate que non a tivo. Pra min Feijoo, en lugar de render contas a Galicia, nun desprezo á  xornada parlamentaria , deuse unha  volta pola Vía Láctea, e as súas  Señorías a durmir, e a xornada pasará a hitoria polo que non se fixo e se debeu facer.
25/03/2010 12:18 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

Autor: Anónimo

O que é unha vergoña é a concesión de megavatios ao chou no novo plan eólico.
Javier Guerra si que é un auténtico personaxe. A charlatanería feita persoa. Agora di que vai crear 5.000 postos de traballo, moitos máis que o bipartito. A min que me ensine os papeis de onde saca as cifras porque senón fagamos todos como Mayor Oreja, publicitemos opinións como se foran teses doutoriais e logo os nosos "compas" dirán "es que sabe mucho del tema". O caladiño do Guerra que ten paralizado o sector industrial galego pretende comparar dar megawatios aos seus amigos de Iberdrola coa creación de traballos eólicos e industriais engadidos que tiña o bipartito. Millor era que quedara caladiño o charlatán.

Fecha: 25/03/2010 18:31.


Autor: Eubensei

A LEI DO SOLO VAI FAZER QUE OS QUE ANTES ESPECULABAN, AGORA VOLTEN A FAZELO DE NOVO E ADEMAIS CO AGRAVANTE DE QUE QUEN O VAI PAGAR SERÁ A GALIZA, QUE VERÁ DE NOVO COMO XURDEN OS SANJENJOS, TUYS, PUERTONUEVOS, OU DESVÁN DE LOS MONJES.

PERO OS CULPABEIS SERÁN TODOS OS GALEGOS QUE VOTARON AO PP, E O PSOE QUE EN LUGAR DE VOTAR EN CONTRA OPTOU POLA ABSTENÇAO

Fecha: 25/03/2010 18:34.


Autor: Leborán

Non é difícil decatarse de que se o PSdG quere dar unha mínima imaxe de partido político defensor do medio ambiente debe desfacerse de personaxes como Pachi Vázquez, Mar Barcón ou o alcalde de Ames, que facían o paripé coa piscifactoría de Touriñán mentres calaban co máis grave desta lei que é a legalización das salvajadas urbanísticas cometidas ata agora, e a apertura dunha nova época de descontrol urbanístico.

No referente ao PP, dicir que con esta Lei, Fraga, ao lado de Feijoo vai a parecer un defensor da natureza. Vaia co Alberto. Ecoloxista non é, iso desde logo.

Fecha: 25/03/2010 18:39.


Autor: Ricardinho

Cambiando de terzo...
Por favor, autor, unha mención ás probas de acceso á administración galega deste ano...MENUDO ESCÁNDALO!!!
Roubo, roubo e máis roubo diante das nosas narices e ninguén da un chío...

Fecha: 25/03/2010 18:41.


Autor: Volvoreta

O de Touriñán é unha cortina de fume. Hoxe é un día grande para construtores sen escrúpulos e políticos do "ti vai facendo", con esta lei legalizaranse todas as falcatruadas cometidas durante os pasados anos. Perdeu a xustiza, gañou a especulación. Negro día para Galicia.

Miúda pantomina se montaron PP e PSdG con Touriñán, coma se iso fose de verdade o grave desta Lei. Moitos dos seus alcaldes con construcións ilegais hoxe durmirán tranquilos. Impunidade ao poder.

Fecha: 25/03/2010 18:42.


Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris