Facebook Twitter Google +1     Admin

UN REVOLTO

 

 

                          Coñecín a un gaiteiro que solo sabía tocar unha peza, que comezaba así:  “pola ponte non vou, polo río non pasa...”, seguía con engadidos doutras pezas, de tal xeito que nunha atacada daquela, podían convivir mais de media ducia de pezas distintas. Eu. tamén, hoxe vou facer algo parecido; de entrada, a enquisa non a puiden descolgar, quixestes que gañara :   Ineficacia, ineficiencia, vinganza - 16 votos - 35,56%, en segundo termo: Non fixo nada do prometido - 12 votos - 26,67%. Aínda que case todas agocha algo de certeza, sobresae os eu carácter vingativo; de eso hai xente que pode dar fe delo, porque sufriu na súa persoa a vinganza deste singular personaxe; os casos mais coñecidos son o do Presidente de Caixa Nova, que gracias o seu primo zumosol, deulle a Feijoo nos fociños, tamén Baltar xa sente que a vinganza está preto, de aí, as súas derivas; que dicir dos moitos profesionais, que na Administración sufriron o cese fulminante nos seus destinos. A destrucción sistemática, neste ano de réxime, de todo o feito polo Bipartito, responde a este comportamento vingativo. Non son quén de valora-los comportamentos humanos, xa que carezo da formación suficiente, mais é de todos coñecido, que a vinganza, como comportamento dominante, é típica de seres mediocres; pode que neso estea a resposta de moitas cousas.

                         Coa desculpa de recadar fondos para Haití, estivo non acto no que aproveitou pra poñer verde ó bipartito, que é unha obsesión que ten; un vídeo do acto foi colgado en internet, pero gracias ás presións foi retirado, se o  queres ver, descargalo de: http://www.mediafire.com/?fjyldk1q4uj.

                           Non todo ían ser malas novas. !Albricia!, Touriño incorpórase ó Consello Consultivo. Non sei que fará alí, algo é seguro: 70.000 euros mais ó ano, compatibles con todo,  pro seu  peto.

                            Asinade no libro de visitas, así sabemos donde sodes. Unha amiga dime que entran xentes de toda América e Europa

27/03/2010 11:58 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

Autor: a cabra do saviñao

Parabéns polos cambios na presentación do blog. Foi moito a mellor.

Fecha: 27/03/2010 13:49.


Autor: Acarondosil

Noraboa. A presentación actual é moito maís amigable. O video non ten desperdicio. A verdade é que este Feijoó non deixa de sorprendernos. Mira que xa fixera o parvo co da mangueira para apagar lumes forestais...pero desta supérase, que non é pouco mérito.

Fecha: 27/03/2010 13:51.


Autor: Antonio Cendán

Moi bonito si señor. Estes días de atrás tivera problemas para acceder e vexo que os empregaches para mellorar o blog. Ben feito

Fecha: 27/03/2010 13:53.


Autor: Vincios

A min tamén me gusta moito máis este aspecto. Xa era hora dun refresco no blog. En canto ao vídeo, Feijoó queda unha vez máis, e xa van unhas cantas, retratado.

Fecha: 27/03/2010 14:27.


Autor: Lanús

Mellor presentación, non cabe dúbida. Noraboa

Fecha: 27/03/2010 14:29.


Autor: Anónimo

Lamentable a actitude de Freijolito no video que subiches. Non se pode ser máis indigno que aproveitar ese acto para facer campaña, bueno que digo campaña!!!, para seguir ciscando merda aquí e acolá, que é o verdadeiro programa que trouxo a este tío ao goberno. Feijoó eres pésimo!!!

Fecha: 27/03/2010 20:48.


Autor: De Cantelo

Ostra pedrin!! Saeme no blog dous porcos!!!. Polo demáis dicir que a mellora na presentación é ben visibel.

Fecha: 27/03/2010 20:49.


Autor: Jonsas

A min tamén me gusta moito máis esta nova presentación do blog, que me parece agora máis amigable. Nembargantes a foto do porquiño mete medo...ja,ja!!!

Fecha: 27/03/2010 21:05.


Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris