Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

¿DE QUE NOS EXTRAÑAMOS?

¿DE QUE NOS  EXTRAÑAMOS?

 

 

                     Dicíame un lector do Blog que escribira sobre as diversas probas de acceso que organizou a Xunta. A   verdade é que fede tanto, que nin tapando as narices, se pode respirar. Xa un día me ocupei do tema, non lembro o día que foi. O Xoves escoitei na radio o tomate que se montara nunhas probas na Consellería de Facenda, !aquelo sei que foi un escándalo!; tamén no SERGAS hai casos gravísimos de filtracións, de feito en tódalas probas organizadas pola actual Xunta hai sospeitas, moi sospeitosas, de tongo. Venme á memoria aquela instriónica investigación que organizou Rueda; aquela teatralidade solo tiña como finalidade tapar sospeitas. A denuncia que se fixo no xulgado parece que non se move, o que é peor, quizá nunca vai adiante; todos temos un pouco de culpa de encumbralos ó poder cos votos, agora temos a responsabilidade de chimpalos, pra elo temos a obriga de espallar tódolos seus chánchollos, do contrario, somos cómplices e tan culpables como eles. O das probas é unha mais das corruptelas do goberno da Xunta, pero síntese mais neste intre que hai tanto paro, aínda que non o houbera, doe moito  saber co esforza gastado, preparando unha oposición vese burlado por quenes  nun mes son quen de preparar unha oposición en situarse nos primeiros postos. A mais  de enchufar a familia, como foi o caso dunha funcionaria, que ostenta un alto cargo en Sanidade, engordan o nepotismo con sospeitosos aprobados, familiares de cargos do PP, sospeitosas coincidencias con tránsfugas, etc.

                 A Consellaría de Educación adxudicou en febreiro un contrato a unha empresa de ExAltos cargos do goberno de Fraga, pero ese resulta ser solo o epílogo dunha longa restra de contratos sen publicidade, en distintas Consellerías do Goberno de Feijoo.

                 Empresas do grupo Gurtel recibiron adxudicacións, a dedo, da Xunta. Esta longa lista de corruptelas, a que se vai unir, adxudicacións do eólico e a Lei do Chan.

                  Sanidade vai a darlle a propiedade dos hospitais de Vigo e Pontevedra ás sociedades que os constrúan; por eso en Pontevedra non queren ampliar Montecelo, queren un novo, que non teñan problemas de privatización.

                  Unha Administración que o é todo, menos transparente, de que nos estrañamos, pois

5 comentarios

Anónimo -

Eu son dos que penso que tanto ten Xan como Pelicán...
Pero comparar a corrupción do bipartito coa corrupción do PP é como comparar o touciño coa velocidade.
Neste primeiro ano a corrupción do PP acada níveis desorbitados. Por favor!!!, unha subdirectora metendo a dedo ao seu MARIDO de secretario, isto significa que esta persoa é corrupta, pero tamén que os seus xefes lle deixaron facer e son cómplices porque tiveron que asinar os nomeamentos. Claro que algúns cren que os Audis de Fraga e que Quintana estivera 5 anos antes no iate dun empresario é algo comparable ao que está ocurrindo. Os actuais extremos de descaro, impunidade e incoherencia póñennos á altura de Valencia, Madrid e Murcia que son o colmo do despilfarro e e do nepotismo

A troita -

Que listos que somos...xa o dicía Fraga!!!
Ja,ja,ja!!!

Eubensei -

Dende fai unhos anos que a incompetencia se vai facendo con un poder incontrolado,
comportandose mais que como servidores publicos , como gardas de consumo dos antigos fielatos.

DeCantelo -

Será o modelo que quere impor o sr. Feijoó, praza de funcionario para toda a vida a cambio de......
E metidos no allo os familiares dos altos cargos, que tan austeros íannos a saír. Pasou hai pouco con cinco casos nunha soa familia e podemos observar que segue a corrupción.
A que se dedica entón o director de Función Pública? A colocar á "súa xente"? Desde logo non hai quen xa crea ao sr. Feijoó, que tanta pureza afirmaba e o único cesamento fixoo en campaña. Que vergonza. Aos mozos xa non lles vale con estar preparados, buscarán traballo fóra porque aquí quedan para os familiares de que mandan.

Recamán -

A muller dun concelleiro de Vilanova de Arousa conseguiu unha praza grazas aos méritos que lle daban uns cursos realizados no concello onde o seu marido é concelleiro e na Deputación de Pontevedra (onde se non, ¿verdade Louzán?).
A oposición levou á fiscalía un venres a documentación que demostraba que estes documentos eran falsos e saíran do despacho de alcaldía (sobre todo porque algúns deles dicían terse celebrado nas mesmas datas e no mesmo horario pero un en PONTEVEDRA e outro en Vilanova).
O luns seguinte o xulgado desestimou a demanda, recoñecendo os feitos pero afirmando que os feitos tiñan prescrito (tomaba como referente as datas dos diplomas falsos)...desde logo foi o primeiro caso da historia en que a xustiza realizou un procedemento tan rápido.

Ao Sergas se lle informou de que a súa funcionaria presentara documentación falsificada, pero non considerou necesario nin revisala, nin pór en cuestión a praza que quedou demostrado conseguira de forma fraudulenta.
Cousas veredes...