Facebook Twitter Google +1     Admin

METERLLE O DENTE

20100403104149-serpiente-a-punto-de-morder-692507.jpg

 

                         Pachi Vázquez quére meterlle o dente ó transfuga de Ourense e vingarse de quen lle da acubillo, pra procura-la súa vinganza, busca a complicidade de Feijoo, en troques, comprometeu o seu apoio Parlamentario a varias leis de Feijoo. O apoio a Lei de Ordenación do Territorio levantou tormentas nas fila socialistas e Pachi recolleu velas. Presionado por algun alcalde socialista da costa, Pachi non descarta poñé-la la pegada nos proxectos lexislativo-especulativos de Feijoo; pra  xustificar este baile da ienka, pretende que Feijoo non deixe construír a piscifactoría  de Pescanova en Cabo Touriñán; Feijoo non pode chegar a ese acordo, porque Pescanova é a que dicta a política pesqueira do goberno da Xunta e xa lle ten votado o ollo ó lugar; e mais, xa está mercando terreos, que pasaran a súa propiedade e cunha recalificación pasaran ó ladrillo. A Cabo Touriñán solo o pode salvar a Unión Europea, Cabo Touriñán e os demais espacios da Rede Natura.

                         Pachi columpiouse por moito que lle prometeran. Así chegamos a conclusión de que todo é negociable; se me apuran ata Cabo Touriñán.

03/04/2010 10:42 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

Autor: Fuco

A negociación e mercadeo entre Psdg e PP nos temas de urbanismo, co caso de Touriñán como o máis sangrante, é unha verdadeira infamia para este país. Queda claro que esta xente véndese por un plato de lentellas...ou menos ainda.

Fecha: 03/04/2010 14:07.


Autor: Recamán

O incrible é que accedan a pactar co inmoral de Feijoo, que xa lles fixo a aperta do oso aos do BNG co temas das caixas. En vez de aliarse nunha fronte común contra o PP, tanto o Psoe como o bloque parecen máis preocupados de facerse a oposición un do outro, da mesma maneira que xa facían cando todavía estaban no poder, cos nefastos resultados que todos coñecemos. Lamentable

Fecha: 03/04/2010 17:06.


Autor: Berto

Pero cómo pretenden promocionar o parador de muxía como destino da natureza se por unha banda o destrozan con muiños de vento e por outra con plantas acuícolas que case non dan postos de traballo.
É que non se dan de conta que o bonito tamén vende??

Fecha: 03/04/2010 17:11.


Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris