Facebook Twitter Google +1     Admin

MORTE DIGNA E VIDA INDIGNA

20100416100223-eutanasia-00.jpg

 

 

                 De seu,   a morte ten pouco de digna, pero aínda pode ser peor cando dende determinadas opcións ideolóxicas se pretende agravar ese tránsito pra facer del un momento de expiación espiritual. Tampouco a vida ten por que ser indigna, facendo dela un sendeiro pra acadar o transcendente e inescrutable destino divino.  

                Vendo a Lei de Andalucía que garantiza unha morte digna e prohibe o ensañamento cos doentes, prolongándolles artificialmente a vida con tratamentos custosos, degradantes e inútiles, que o único que lle proporcionan os doentes son sufrimentos. Do outro lado temos unha concepción da prolongación artificial da vida, sen reparar nos sufrimentos causados. Venme á memoria a persecución á que foi sometido o Dr Montes, polo simple feito de  proporcionar  alivio á dor dos moribundos; son eses dous exemplos de entende-la vida e a menciña, tan distantes na ideoloxía que nos transporta a aquelas da dúas españas.

                Se a airexa defende a dignidade humana, gustaríame saber: Qué vida e qué dignidade humana defenden e cáles son eses parámetros. Quixera saber se pra airexa é vida a prolongación artificial do sufrimento, O normal sería rexeitar o inhumano, o retardo artificial do noso encontro  con Deus.

                É improbable que unha medida similar se aplique en Galicia, onde a piadosa Barjas xa introduzo na comisión de ética médica ó clero, dese xeito, non teremos garantida unha aplicación científica da medicina, pero temos seguro que acadaremos un anaco de ceo

16/04/2010 10:02 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris