Facebook Twitter Google +1     Admin

RECEITAS MILAGROSAS

20100501112327-c3dd7-crisis-economica.jpg

 

            Galicia foi líder, neste último ano, en destrucción de emprego, en valores relativos. A Conselleira do Paro bate a marca,  o asinar un promedio de tres ERES  diarios.

            O Director do Banco de España, privilexiado pola súas retribucións e polo seu  réxime de relación laboral, non para de darnos receitas pra reduci-lo paro; todas coinciden en reforma-lo mercado laboral, pra abarata-la man de obra e incrementa-la precariedade no emprego. Que este tipo de receitas as dera o presidente da patronal non sería tan raro oí-las, pero faise raro escoitalas da boca do Director do Banco de España, que preside un organismo con empregados inamovibles e moi ben pagados. A maioría dos contratos laborais son eventuais e con retribucións de mínimos.

            Se a xente pensa que cunha reforma laboral como a que propón o Director do Banco de España vai supoñer un incremento da contratación está non erro.

            A reforma do mercado laboral en España ten que empezar polo ensino, orientándoo ás necesidades da man de obra das empresas e simplificando os modelos de contrato, reducindo os distintos tipos ó mínimo imprescindible, o mesmo tempo que se limita as indemnizacións nos contratos fixos, flexibilizándoos a e adecuándoos á marcha da empresa e a súa actividade. Paralelamente tiñan que aproximarse, en indemnizacións e en garantía, ós fixos.

            O custo do salario, pro empregador, é dos mais baixos de Europa; entre a metade, ou menos, do que gaña un traballador alemán. Polo tanto esa non é a cuestión, senón a formación.

             O goberno ocupado noutras leas, e os sindicatos ocupados en defender unicamente ós privilexiados que teñen traballo. A cousa pinta mal.   

              Conclusión; a culpa de que a economía vaia mal é dos mil-euristas e dos que gañan o salario mínimo.

               As axencias internacionais de calificación rebaixan o valor da débeda do reino de España a categoría  AA+, o que supón que teñamos que pagar pola débeda dous puntos e medio mais que Alemaña, e con probabilidade de seguir caendo, a eles ocórrenselles receitas pra que a  crise a pagan o mais pobres. O mais serio sería pedir unha reducción dos gastos non productivos e a supresión inmediata de catro Ministerio: Igualdade, Cultura, Vivenda e Relacións coas Cortes. Non está o momento pra farándulas, e como non collamos o boi polos cornos ímolo a pasar mal.

               Eu, o que lamento que Zapatero sexa tan malo que nos faga perde-la esperanza, e nos faga caer nas mans doutro que tal baila.          

01/05/2010 11:23 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

Autor: Sartalo

Estes do PP tan só parecen estar dacordo con outra "longa noite de pedra" para o idioma galego. O da multiculturalidade e multilingüismo da nación caelles algo lonxe, paréceme a min.

Fecha: 03/05/2010 17:44.


Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris