Facebook Twitter Google +1     Admin

OS TROTAMUNDOS

20100507102906-curriolos-de-xira1.jpg

            OS VIAXEIROS DA LUZ sería un bo título pra unha película e ciencia ficción; os protagonistas Rueda e Feijoo. Cos cartos que din non ten a Xunta páganse viaxes a Sudamérica pra facer campaña pro partido cara as vindeiras eleccións municipais.

            En moitos concellos galegos hai unha abrumadora maioría de emigrantes fronte a unha minguado número de residentes. Hai, ó menos, cinco concellos nos que os emigrantes so maioría no censo. As eleccións locais están a caer, e como aves precursoras, non da primavera, senón das eleccións o dúo multiplícase en viaxes a Sudamérica pra traballa-lo voto emigrante.

            Segundo as promesas de Feijoo, os emigrantes non votaran nas eleccións locais. Esto sería o mais normal non pais con forte despoboación nos núcleos rurais, soporte dunha elevada emigración. Este desequilibrio propiciará que votantes que non teñen relación algunha coa vida veciñal destes concellos, decidan quen  vai a goberna-los.

            Eu non creo nada do que Feijoo di, ou promete, porque no tempo que leva gobernando, demostrou que é un mentireiro compulsivo. Estes afáns viaxeiros, pagados cos cartos dos nosos petos, ós que hai que engadir o frenesí con que se traballa nesas Delegacións da Xunta no exterior, fannos pensar que están traballando o voto emigrante.

            Feijoo noutra vida debeu ser -o viaxante no espacio-, por eso agora viaxa mais que o Papa. Non se fía dos muñidores de votos. Multiplica a súa presencia en feiras, platós, centros galegos, colectividades con dereito a voto etc. Deica agora non foi ós bancos de pesca. Todo se andará. Ten vocación de misioneiro, e toma os viaxes como unha función apostólica; mentres tanto o goberno do pais languidece.

           Si se recorta o orzamento de sanidade, ó mesmo tempo que se amplían os beneficiarios, incluíndo os emigrantes, algo non cadra. Non é temerario pensar que eses  recortes orzamentarios, o mesmo tempo que se multiplican os beneficiarios, co conseguinte incremento do gasto; farase a costa dunha menor calidade.

               Como bo dictador, prepotente e chulo, Feijoo non dará conta no Parlamento Galego das súas viaxes as Américas

07/05/2010 10:32 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

Autor: Recamán

Pois nada, un viaxiño por América para recoller uns votiños, e volta para casa cos petos cheos deles. Non aprendeu rápido de Fraga este tio nin nada!!!

Fecha: 07/05/2010 15:59.


Autor: Castrelos con Cachelos

Que diferentes os viaxes "institucionais" dos representantes galegos (o colmo son as saídas de deputados como verdadeiros axentes electorais-muñidores de votos sen complexo algún), dos que levan a cabo os cataláns ou vascos por Europa ou América na procura de inversións e proxectos para os seus territorios.
Das diferencias entre as representacións de Galicia polo mundo (para larpeiradas, pandereteiras e vellos gaiteiros), e as oficinas como a que ten a Generalitat en Bruxelas, mellor non falar...
Galicia sitio distinto!!!

Fecha: 07/05/2010 19:57.


Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris