Facebook Twitter Google +1     Admin

OS MATONS

20100508102952-fotosend-1160824256.jpg

 

              O PPg no Parlamento actúa como os matóns. Cándo a oposición, como é o seu deber, pregunta algo que incomoda ó PP, o partido do goberno solta os  cans e ameaza. Á pregunta do Deputado do Bloque sobre as viaxes de Feijoo e Rueda a Sudamérica, acompañados de amplos séquitos, como corresponde ó dos reis midas do rico e poderoso reino de Galicia, foi contestada ameazando a Aymerich con investiga-lo que eles chamaron o caso Currumeiro. Esta xente  non entende o xogo democrático, aínda están nas cavernas e andan coa cachiporra ameazando á xente. Por certo Currumeiro era unha empresa, na que  había algún accionista parente de un militante do Bloque, que prestou servicios de subministro pro Consorcio, o seu pecado e non haber sido recoñecida como unha empresa do PP.

          Vázquez tamén lle fixeron o mesmo, incluso lle mandaron ás xuventudes peperas a siata-lo seu domicilio particular.

          Similares tácticas lévanas a cabo en Madrid. Deste xeito, a nosa democracia erra na dirección, camiña pra atrás e de cu, en canto de ir pra diante.

08/05/2010 10:29 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

Autor: Braulio

Menudo trío Calavera que se che ocurríu poñer hoxe de presentación do artigo. Meten verdadeiro medo eses tres xuntos desa guisa!!!

Fecha: 08/05/2010 18:19.


Autor: Ramiro

Estes tres individuos, que ala van e deixaos ir, máis que Ketchup o que farían e unha mala mostaza...desas que deixan mal sabor de boca...

Fecha: 09/05/2010 02:35.


Autor: Gordorán

Hai moitas organizacións de extrema dereita que actúan como siareiros das políticas de Feijoo, como por exemplo Galicia Bilingüe. Cando os demáis tratand e artellar alternativas a estas políticas neo-liberais sempre lles mandan algun deses bull-dog para armar unha boa lea.
Algúns medios de comunicación afíns tamén fan a mesma guerra sucia contra as políticas progresistas. Menudo tinglado teñen montado estes fascistas!!!

Fecha: 09/05/2010 13:41.


Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris