Facebook Twitter Google +1     Admin

CONSORCIO OU AXENCIA

20100511113308-fymr20.jpg

 

 

 

               O PPg ten nomeado a Roberto Rodríguez Director do Consorcio Galego de Servicios Sociais, non podemos afirmar que sexa pouco avisado, que non dea mais de si, el fai o que lle ordenan, navega no mar das incertezas e no sabe pra onde o leva a marea. Que a estas alturas teña mais de 20 Galeescolas sen abrir, que lle entregou o goberno anterior, non é culpa súa. Tampouco é culpa súa que mais de media ducia de residencias se atopen pechadas e sen abrir; que haxa que pintalas de novo e repoñer equipamento, xa que a falta de utilización está producindo un deterioro. Nin sequera se lle pode vota-la culpa ó prodixio de conselleira que ten.

              Feijoo atópase nunha encrucillada, ten que entregarllas a alguén dos que o apoio nas eleccións pra que as exploten e se enriquezan, á costa dunhas infraestructuras creadas cos cartos de todos  nos. A cousa non é tan sinxela, xa que pra carraña hai mais dunha bandada e todos reclaman a súa parte no reparto do botín. Eso é un exemplo do bo goberno; un goberno no que mandan os grupos agochados na sombra.

              O Consorcio mudará de nome; van lle a chamar a Axencia. O cambio de nome no é unha cuestión baladí. Polo de pronto supón un cambio de carteleira. Un gasto sen importancia pra un goberno austero, como o da Xunta, que anda a chorar e os gasta en cousas superfluas, prescindibles.  O cambio de nome é algo mais que semántica, responde a unha concepción ideolóxica do servicio que presta e do seu desenvolvemento, xaque non é o mesmo un consorcio no que tódalas Administracións estean implicadas, que esa Axencia, fundada pra dirixi-los servicios, unilateralmente, dende Santiago, e poder aplicar un clientelismos, tanto dende cara ós beneficiarios como ós empregados.

              Por suposto, o de sempre, fan o cambio de nome pra aforrar, unificar servicios, prestar mellor servio ós beneficiarios. Nada  de clientelismo, nin do afan destructor de todo o que fixo o goberno nterior. O dos gastos en  nova cartelería, o deterioro de infraestructuras, a mengua na calidade dos servicios, e cousa dos roxos, que non comprenden a grandeza e desvelos deste novo goberno, que antepón os ideais de gandeza da alma, ós efímeros logros materiais. O de colocar xente nosa, faladurías. O das oposicións foi culpa do  bipartito. O Plan Hurbe, que queres que che diga. O da TVG, estamos mellorando o do biparetito.....

              O persoal do Consorcio, preocupado pola súa estabilidade laboral, está sumido na desesperanza. Non os colocou o PP co Visto e Prace dos alcaldes peperos, e eso a ollos da actual Xunta, supón un grave pecado orixinal. Pódese admitir que todo o persoal sexa do PP, pero chegará un só do Bloque pra que contamine a Institución.

11/05/2010 11:33 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

Autor: De Cantelo

Con todo compre recoñecer que o Consorcio é a nai de todos os chiringuitos que se teñen aberto na Autonomía. Un tremendo invento que tentaba rendibilizar os cartos que se supón que ían chegar coa Ley de Dependencia (que tan irónicamente convertira o gabinete de Quintana en Ley de In-dependencia na rotulación dos coches do Consorcio).
Agora o PP atópase no punto xusto no momento ideal, para peneirar a quen non lle interese e colocar a quen queiran...e por riba vendendo a moto de que se preocupan polos servizos sociais, algo que non fixeron nunca en 15 anos de goberno Fraga. Por riba atoparán na falta de fondos do Estado, que non ten un peso para levar a cabo a Ley de Dependencia, unha nova bala dialéctica para castigar ao ZP. Non poden estar máis contentos con este xoguetiño.

Fecha: 11/05/2010 18:05.


Autor: Sartalo

A política é o demo. Que pensará Quin agora que o PP anda a desfacer ao seu antoxo. Coa chea de xente qeu puderon deixar metida para anos e agora preséntase como outro trampolín para as élites pepeiras locais de colocar aos seus emisarios...cousas veredes!!!

Fecha: 11/05/2010 18:14.


Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris