Facebook Twitter Google +1     Admin

AFOGADOS NA MERDA

20100515103002-lula-diz-merda.jpg

 

 

          Hai que ver o tirón de orellas de Bruxelas á Administración Autónoma Galega, recórdalle a necesidade de sanear as augas residuais, baixo ameaza dunha forte sanción.

          Claro, Bruxelas non comprende as prioridades do imperio que naceu en Fisterra.

          Os cultivos mariños,  o marisqueo e a pesca mesma das rías teñen a comercialización dos productos baixo sospeita. Non  nos deberá estrañar que en calquera momento se prohibira a comercialización

           Da a impresión de que nin a Conselleira de Pesca, nin o goberno da Xunta teñen preocupación polo asunto. Quérenos afogar en merda.

15/05/2010 10:30 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

Autor: Anónimo

A situación tan alarmante das rías e costas galegas tamén é responsabilidade en parte do sector, da sobreexplotación dos recursos mariños ao mesmo tempo que se piden máis e máis subvencións para manter un chiringuito insostible.
Da deixadez de funcións do goberno no saneamento das augas millor non falar!!

Fecha: 15/05/2010 11:20.


Autor: Recantos

Como aqueles entrañables Hernández/Fernández dos cómic de Tintín...eu ainda diría máis:
Grande Merda!!!

Fecha: 15/05/2010 11:23.


Autor: Castrelos con cachelos

Hai moitos anos que un amigo meu, gran aficionado ao submarinismo me comentaba despois das súas inmersións na Ría de Vigo sempre saía abraiado de cantidade de MERDA (poñoo en maiúsculas para lembrar o seu asombro mentre o contaba) que atopaba nos fondos. De todo menos marisco, peixes ou calquera outro ser vivo. Supoño que a situación dende aquela non terá máis que empeorado...se cabe.

Fecha: 15/05/2010 15:12.


Autor: Quintanilla

A Unión Europea xa dera un forte aviso a España pola altísima contaminación da Ría de Vigo. Agora ven de ameazar novamente pola situación das depuradoras de augas residuais da Coruña e Santiago de Compostela. Se tivestes ocasión algunha vez de vos achegar á Silvouta en Santiago, ou ao Zamáns en Vigo veredes a gravidade da situación. Boa parte dos residuos van ao mar ou polos ríos sen tratar.
Efectivamente, estamos rodeados de merda por todos os lados.

Fecha: 15/05/2010 18:45.


Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris