Facebook Twitter Google +1     Admin

NAVEGANDO NAS CONTRADICIONS

20100522111014-rajoy-por-forges.jpg

 

          As dificultades económicas do pais, certo que en medio dunha mala xestión de Zapatero, son aproveitadas tan burdamente pola oposición que nos meten o medo no corpo, lonxe de ofrecernos unha saída ponnos fronte a un muro.

          O voto dos galegos na diáspora é o mais laso do mundo, e mais que un dereito, está concibido como un voto clientelar. Recentemente acordouse no Parlamento Español, introducir restriccións pras eleccións locais a este tipo de voto, co appoio do PP. O PPg incitou ós emigrantes galegos pra que protesten, esto é un dobre linguaxe do PP mentres en Madrid di unha cousa, na emigración di outra. Si deberan preocuparse de darlle ó voto dos galegos na diáspora garantías de autenticidade, o PPg solo lle preocupa o cesto

          O bipartito era ineficaz, non era capaz de executa-los  orzamentos por que non era capaz de pasar do 84% de execución; pois ben, o PPg executou en Pesca un 41%, Industria un 66%, a de Infraestructuras, que é a punteira, non pasa do 74%. As outras consellerías por aí andan.

          O PP fixo de Garzón un Deus cando lle interesou, agora ensáñase con el e non lle da cuartel. O perigo de facer Deuses, é que despois poden amolarnos.

          Unha sola mostra da austeridade e  do engano: Á Consellería de Rueda as Superdelegacións supuxéronlle un incremento nos orzamentos dun 6%, a pesar de haberse desprendido, orzamentariamente, da Dirección Xeral  da Función Pública.

          Do clientelismo, mellor non falar; en materia de persoal retrocedemos ós tempos do peor nepotismo. Non pintan mellor as cousas a nivel local; o fondo que estableceu a xunta repártese ós axuntamentos do PP, mentres os alcaldes que non son afectos ó réxime de Feijoo, piden ás portas de San Caetano esmola.

          Do moito diñeiro que os ricos e potentados dirixentes da Xunta repartiron na súa viaxe a Sudamérica, é de salientar esa achega de 120.000 euros a unha fundación do representante do PP en Venezuela. Que lle imos a facer; son os que o pobo  galego elixiu. Seguirá.

 

 

22/05/2010 11:10 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

Autor: Brandao

De entre todas as desfeitas que leva o gabinete Feijoo en tan só un ano no goberno, a creación dos Megadelegados como comisarios políticos de San Caetano nas provincias é a máis salientable. Completamente inútiles e ineficaces nas súas funcións. Abraiantes neste senso as declaracións do representante en Pontevedra, o ex-alcalde de Cambados, que se gababa dos poucos quilómetros que ten percorridos neste tempo co seu coche oficial.
Pero este tío que pensa...que son feirantes, para medir o traballo en distancia, e andar polos mercados vendendo barato,barato...
Menudas ocorrencias que teñen algúns...

Fecha: 22/05/2010 13:56.


Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris