Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

DISTRACION

DISTRACION

           Na natureza cando non se dispón de medios pra vencer en limpo combate, evítase o enfrontamento e recorrese á distracción. Do mesmo xeito esa teima de Feijoo en recorrer a cousas que non unen, senón que dividen, son manobras de distracción. Dese xeito non se fala da súa nefasta política, da súa incapacidade pra gobernar, do nepotismo, da corrupción, ect; mesmo se algún Deputado os enfronta as súas contradicións, ou lles plantexa algún tema polémico, recorren a ameaza.

           Non se discute do incremento do paro, nin da diarrea de ERES. Tampouco se fala da desatención dos dependentes, do nepotismo nunhas oposicións trucadas, dos contratos ós amigos, das subvencións por votos, do despilfarro no parque móbil.

           O campo de xogo dialéctico de Feijoo é o idioma. El non ve o tema como algo sensible, non lle importa abrir unha fenda na sociedade, si con eso ten entretido ó persoal.

           A desvergonza deste patético político lévao a propoñer un pacto sobre a lingua. Si a política lingüística fora acordada por unanimidade e el rachou esa unanimidade; que agora ofreza consenso, coa boca pequena, parece unha burla, un desprezo á oposición. Nade sabe que se esconde tras esta estraña e sorprendente proposta, xa que dun trilero pódese esperar calquera cousa. 

           O seu   escudeiro, e ilustre persoeiro, onde os haxa, alega pra xustifica-la política xenocida, que contan co respaldo da maioría dos cidadáns. Independentemente de que non tódolos votantes do PP comparten esa política de enfrontamento, hai que admitir que tampouco sabe sumar. Feijoo votouno un 40 dos votantes, a maioría logrouna gracias ó actual sistema electoral. Si a esto lle restamos a abstención, o respaldo non chega o 30 da poboación. Con tan grande respaldo, o noso gobernante considérase uncido pra facer vestiadas.

           Haberá que pedi-la proporcionalidade pura nas eleccións. Pero sobretodo non esquecer que nos intentan  desviar de outros asuntos de goberno que a el lle interesan mais.

          É sabido que o do idioma foi un invento de Rosa Díez, que falta de ideas ocorréuselle ese asunto, Feijoo apropiouse da idea, co fin de evitar unha fuga de votos,  e  que lle servira de distracción pra ocultar outras eivas.

           As declaracións dese tal Anxo Lorenzo, afirmando que o modelo lingüístico do PPg é equiparable ó catalán, produce un tremendo dolor intestinal, e danos unha idea de como é  o personaxe.

0 comentarios