Facebook Twitter Google +1     Admin

DIFICIL DE ENTENDER

20100607103034-vamos-a-perder-boca.jpg

 

 

           Fai poucos días o PP, que fai como Zapatero, cada día fala dun plan de aforro, ou crítica de goberno, con proxectos indefinidos, falou dun plan de aforro, nesta caso explícito, no que propoñía o recorte da campaña electoral; pois ben, nun exercicio de congruencia coa proposta, xa está colgando carteis con propaganda pras vindeiras municipais de dentro dun ano.

           Por fin, cansos de vaguidades, o PP vai presentar no  Senado un Plan de reducción do déficit, no que se contempla a supresión de catro Ministerios. Eu apúntome á proposta e penso que van polo único camiño válido; nembargantes póñolle a obxección de que o adelgazamento da Administración que propón  PP non é rigoroso é, mais ben, político. Da a  impresión que  fai a proposta co único afán de incomodar ó PSOE. Non trata das Autonomías, das Deputacións, dos Concellos das empresas públicas e das institucións  de  representación.

07/06/2010 10:30 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

Autor: Sartalo

O PP nesta crise galopante, seguramente estará a seguir a política de deixar afogar ao Goberno na súa propia merda.
Eu teño que dicir, que me parece algo egoista, pero eu no seu caso faría o mesmo.
A mágoa é que ao final nos terminará salpicando a todos!!!

Fecha: 07/06/2010 18:05.


Autor: PepeSilgar

Hoxe Freijolito presentou un ambicioso plan para combater a crise...deses que enchen os peitos de quen os propoñen e fan gastar tinta na prensa, pero de escaso eco...porque Galicia non é Alemania.
Resulta curioso que mentres a Merkel ameaza cun durísimo programa de recortes, alá...nunha esquiniña de Europa...Super-Feijoó ergue a súa voz para anunciar unha inversión que nos saque deste marasmo económico.
Ordiá!!! dirán os alemáns...e este tío quen é???
Pois é o que vai facer que Galicia paseo por riba dos teutóns e se mexe nos seus pantalóns!!!
E digo eu, estes politiquiños de aldea con aires de estadista, creerán as súas ensoñacións??

Fecha: 07/06/2010 18:13.


Autor: Anónimo

Efectivamente, moito presentar plan, que cando non haxa cartos e se quede en auga de borrallas poderá dicir que os culpábeis son outros, que él propuxo pero que non houbo financiación por culpa duns entes maquiavélicos que marxinan a Galicia

Fecha: 07/06/2010 18:16.


Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris