Facebook Twitter Google +1     Admin

A CULPA E DO LADRILLO

20100616105909-bip99e.jpg

                    A  finais dos noventa, Aznar liberalizou o chan e promoveu unha construcción desaforada, coa axuda da banca, incitou ás familias españolas a endebedarse. Ós bancos pra atende-las peticións de crédito recorreron a pedir préstamos no estranxeiro.  Un bo día como tiña que ser, a oferta de vivenda era tan grande que xa non había suficiente demanda pra ela. Os bancos prestaban tomando como garantía o hipotecado, non a capacidade do endebedado pra pagar; así, atopáronse cun montón  de ladrillos e coas caixas baleiras; entrampados como as mesmas familias ás que empurraron a un gasto suicida.

            Alvarez Cascos atopaba unha explicación sinxela pra carestía da vivenda, dicía: a vivenda sube porque a economía vai moi ben. Parece que a economía non ía tan ben, que o desenrolo español tiña os pes de barro. Cando houbo que devolve-los préstamos, o castelo derrubouse e a economía fundiuse. Claro, algúns, como Zapatero non viron o que se lle viña enriba. Outros, como Aznar, aínda pensan que o fixo moi ben, que é un gran gobernante.

            Houbo quen acordou a tempo, que viu o que se aveciñaba, Jove vendeu FADESA a tempo, meteulle un bocado ó Bilbao e a vivir.

            Os bancos franceses e alemáns teñen grandes empréstitos no sector privado e público español. Parece que hai que devolver, xa, 600.000 de euros, que non temos, que non temos. Zapatero deulles ós sindicatos Iberoamericanos. Eu propoño que lles demos a Zapatero en prenda e en cirolas, como nos vai deixar a nos.

             A ministra de Economía española ten a mesma credibilidade en Europa que Zapatero. Temos moi próxima unha intervención europea na economía española. Deus nos acolla. Aínda que será a única maneira  de librarnos de Zapatero.

16/06/2010 10:59 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris