Facebook Twitter Google +1     Admin

EN CIROLAS

20100624110446-331.jpg

  

             En cirolas foi como nos deixou Aznar, logo de vender tódalas xoias da coroa. Non merece a pena lembrar outras calamidades que sufrimos no seu mandato, porque son  de sobra coñecidas. Pola súa parte Zapatero acabou de nos afundir; como non lle quedou que vender, afundiunos en débedas.

              Non importa que o mandatario sexa alto como Zapatero, ou baixo como Aznar, nin que se digan de esquerdas ou   dereitas; os mercados son os que manda, os que nos dictan o camiño que temos que seguir. Os gobernantes son inquilinos ocasionais da Moncloa; ilusos que se creen o papel. Non son actores independentes, solo interpretan o guión que outros lles escriben.

24/06/2010 11:05 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

Autor: Recamán

Pintan mal as cousas para a economía española. É como o faento que acude á neveira, e se atopa con que xa a ten baleira, e nada que botarse á boca. Pois España está igual, espida e sen nada para cubrirse da crise.

Fecha: 24/06/2010 16:00.


Autor: Portela

Efectivamente, en pelotas, e como o da foto, colgado no alambre. E debaixo as quenllas do sistema financeiro mundial, agardando para paparte vivo.
A enquisa desta semana é máis difícil que un Sudoku. Mira que son malos os candidatos socialistas, eh!!

Fecha: 24/06/2010 16:04.


Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris