Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

¿MAIS POBRES?

¿MAIS POBRES?

 

        O PSOE ten un problema con Zapatero, non so vive de costas o mundo, alleo ós problemas reais. Pra min vive nun mundo de fantasía e é incapaz de dar solucións a algo que se nega a recoñece-la súa  existencia.

        As decisións que adopta son froito de presións externas, e sempre en prexuízo dos mais febles, porque lle falta valor pra traslada-las medidas fiscais ós mais ricos.

        Os organismos internacionais non lle poden servir de escusa; porque non lle dixeron que sector da poboación tiña que paga-la factura.

        Nade dubida de que Zapatero é merecente do título do peor presidente da democracia.

        Dende hoxe, os pobres son aínda mais pobres, o incremento do IVE, cos tramos xa existentes, fai que os que menos teñen teñan que paga-los desatinos da súa incompetencia. Non lle deu por introducir un tramo novo de IVE pra gravar productos de luxo. O seu é foder ós fodidos. Mal imos e mal vai.

1 comentario

Volvoreta -

Zapatero sempre fai o mesmo, forte cos débiles, e débil cos máis fortes. Menos mal que é un político de esquerdas...que se non, aviados íamos!!!