Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

AS ESNQUISAS

AS ESNQUISAS

            Das enquisas dos políticos que se fixeron ó longo do pasado mes e do presente, dedúcese a escasa aceptación dos políticos que dirixen os partidos actualmente. .

          No PP, Rodrigo Rato é o que goza da mellor aceptación; mentres que no PSOE é Bono o preferido. Así visto, da a impresión de que a xente quere políticos de solvencia recoñocida. Estimo que ós participantes lle lo puxen difícil, especialmente no PSOE. Tratábase de valorar ós políticos actuais, non de descubrir outros candidatos que non estean en cartel. No PSOE quixen poñer a Manuel Marín, pero era un personaxe do pasado.

         Ademais do pouco entusiasmo que suscitan os equipos directivos, pra min hai algo salientable, o divorcio que produce o actual sistema electoral, que nos obriga a que optemos polos partidos nun bloque monolítico, sen posibilidade de escoller ás persoas, co cal  os profesionais da política, trepadores e elementos de diverso pelaxe atopan acubillo nas listas pechadas.

         A nivel galego sorprende e destaca a figura de Teresa Táboas. Recoñezo que foi unha boa Conselleira do bipartito. É unha política atípica, que se separa da imaxe de político demagogo e trepador, que optou sempre pola eficacia, trasladando a súa experiencia e coñecementos da actividade privada ó sector público. Cando a puxen na lista non pensei que acadara o apoio da enquisa.

         Na selección de mellor candidato á Xunta foi unha segunda volta, tal como se concibe nos sistemas electorais que a teñen; os que votaron os distintos candidatos do  BNG  e do PSOE, e segunda vota optaron por Teresa Taboas. Como dicía Shakespeare: algo cheira a podrido Sospeitoso, moi sospeitoso; a votación da dereita concentrouse en Feijoo. Na segunda volta medraron os seus partidarios sospeitosamente. Nin non simple Blog estamos libres das pezuñas escuras.

         O contador non funciona ben; terá que seguir así hasta o vindeiro mes.

0 comentarios