Facebook Twitter Google +1     Admin

CHEIRO A XOFRE

20100713112233-022-mar-20-franco.gif

             Con ameazas, como é  típico neles, os xunteiros suprimiron o Consorcio. Como tiña que acordarse pola maioría dos membros do Consorcio, amenizouno ós concellos, e todos foron baixando a orella, acordando a disolución do Consorcio.

            O argumento definitivo pra que os alcaldes apoiaran a decisión da Xunta foi a posibilidade de que os alcaldes decidan a  quen contratar  pros Centros. Non se pretendía unha racionalización dos servicios de asistencia, como dicía o PP; senón a obsesión da Xunta por borrar todo o que fixo o goberno anterior. Non reparou en contradicirse e desorganiza-lo Consorcio, converténdoo nun reino de Taifas, no que cada Alcalde  reinará.    

             A obsesión co cheiro a xofre e a propensión natural do PP a gobernar caciquilmente, lévanos a este viaxe.

             A outra compoñente foi a distribución de fondos dende a Xunta; así, algúns   concellos reciben pra emprego vinte veces mais que outros. Nun bo goberno os fondos distribuiríanse en proporción ó número de parados; pois non, a color foi mais determinante. Sen comentarios que engadir.

 

       

13/07/2010 11:26 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

Autor: Bértola

Que estrano se me fai a min que un cacique como Rueda perda a oportunidade de ter un chiringuito a súa disposición para contratar xente, ou premiar aos "axentes electorais" que teñen dispersos polas aldeas galegas.
Sospeitoso, moi sospeitoso...sospeitosísimo!!!

Fecha: 13/07/2010 11:52.


Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris