Facebook Twitter Google +1     Admin

COMIDA DE TIBURONS

20100715113716-bs06e05-2001non-privatizacion-caixa-galiza590.jpg

                         

           O concepto que temos das caixas de aforros desaparece coa nova Lei de Caixas. Agora van a ser unhas  entidades financeiras que xa non se diferenciaran dos tradicionais bancos. Os intereses dos bancos apoiados por uns partidos políticos dependentes financeiramente deles, acaba cunha competencia que supoñía mais o 50% do mercado. Xa non haberá aquela identificación co territorio  que tiñan as caixas na súa orixe.

           Non solo se abre a posibilidade de que o capital privado entre nas caixas. Os bancos poderán xestionar caixas, o que é o mesmo, poderán ter caixas como marca comercial, que o mesmo tempo serían Fundacións pra escamotear impostos.

           Dise, como un gran avance, que os políticos con cargos non poderán formar parte dos consellos de administración. Moitos entenderan que se despolitizan os consellos; nada deso, serán os Consellos un  destino moi guloso pros políticos.

             A concentración das caixas galegas solo será un alto no camiño, foi, como os porcos, engordar pra morrer.

 

15/07/2010 11:42 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

Autor: Volvoreta

Un novo paso nas caixas no seu camiñar cara a súa "bancarización". Detrás de todas estas manobras está o gran capital, que lle molesta que os cartiños estén repartidos en pequenas entidades locais, e por iso pretenden borralas do mapa. Primeiro para convertilas en presuntas competidoras, para despois comelas polos pes.

Fecha: 15/07/2010 12:07.


Autor: Piusiño

O das caixas galegas vese ao lonxe...tanto nadar e nadar, para ao final, cando veña un gran banco ou caixa para asulagalos, afogar na orilla

Fecha: 15/07/2010 12:13.


Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris