Facebook Twitter Google +1     Admin

!CANTA MERDA!

20100717091555-merda-dartista.jpg

 

         Cada vez que escoito un comentario sobre probas selectivas celebradas pola Xunta, a miña úlcera medra.

          No é normal a cantidade de irregularidades nas probas selectivas; poñen en evidencia a nula limpeza do proceso selectivo. É unha novidade a postura escapista do   goberno, empeñado en desvia-la atención e esconde-las irregularidades.

          Póñome no lugar dos opositores e danme escalofríos. Non  se pode pasar polo que moitos están pasando, logo de estarse comendo as uñas e quedando sen pestanas, e ver que outros aproban sen despeitearse.

          O Director da Función Pública pasará ós museos  das persoas malvadas, pero non é mais que un home de Negreira e  fai o que lle ordenan. Non fai moito, cando Feijoo e Negreira, compañeiros inseparables, eran meritorios, interinos que xurdiron das agarimosas  e protectoras mas do Opus. Sen aparente esforzo, desembarcaron no grupo A da Xunta. Pode que eles sacaran a praza co seu esforzo, eso debíalles valer pra coidar moito os procesos selectivos.

          Non entendo o obxecto de ocultar a sentencia que ordena repeti-la oposición de Inspectores de Turismo. De certo, lévanos a somerxernos no pozo negro das oposicións da Xunta e intentar adiviñar, por qué a Xunta oculta as sentencias e non fai nada. Pode ser que tema unha cascada de sentencias desfavorables se fai  pública esta, ou unha caída da careta que esconde as facianas da corrupción.

17/07/2010 09:15 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris