Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

DE CHORON

DE  CHORON

 

             Feijoo acudiu ó Parlamento, segundo o guión oficial, pra buscar consenso, pero non puido -subtraerse o seu estilo chulesco, menosvalorando á oposición e facéndoa culpable de todo. Mal camiño, si o que pretendía era a busca dun consenso. Demostrou, que mais ben, o que pretendía era aparecer como o único, o indiscutible líder, o único que ten solucións. O portavoz parlamentario do PP, chavacano e faltón, despexou toda dúbida; o PP non pretendía o consenso.

             É normal, e non debía selo, que o único que lle importa a Feijoo é protagonizar i escribi-la historia. Si o goberno fora un cortexo fúnebre, que é o que mais se parece, Feijoo iría de cadáver.

             Os que aman o pais, e lles preocupa, teñen que ser modestos e xenerosos; as súas comparecencias no Parlamento non deben ser programadas como un circo mediático, programado como un entremés na promoción persoal. Si realmente se quere consenso, as solucións teñen que ser todos protagonistas delas, e atopalas na intimidade de encontros multilaterais, fora da publicidade de autobombo.

 

0 comentarios