Facebook Twitter Google +1     Admin

DIA DA PATRIA GALEGA

20100725101754-bandeira-galega11.jpg

 

          Non e un día festivo calquera o 25 de xullo, é a autoafirmación da nosa identidade, da nosa conciencia de pobo con identidade propia.

          O día 25 de xullo non ten un significado unívoco; pral algúns é o día de Galicia; pero aínda hai quen esta definición a ve como demasiado reivindicativa, transgresora dunha concepción imperial, na que aínda viven. Celebran unha misa pra purificarse e recibir, sen complexos, as racións d empanada e polbo. Ese é o concepto que teñen de Galicia, a Galicia vista dende dentro dunha sotana, con empanada gratis e polbo, ó que se lle engade uns polbos de adormecemento, amenizado cunha pandeireta.   

          Celebrar o día de Galicia, cun acto floral, nun lugar afastado, intentando facer o mínimo ruído; como si se avergoñaran de ser galegos, é un xeito de exteriorizar un sentimento de inferioridade que veu calando na conciencia dun pobo derrotado.

          Outros, sen complexos, no corazón de Galicia, co que queren deixar claro que levan a Galicia  no corazón, celebran o día da Patria Galega.

           A  vergoña, a timidez, os sentimentos reprimidos, o desprezo do propio, son froito de longos períodos de represión política e colonización cultural, que nos levan a esta visión do noso pais, así, lonxe de sentirnos orgullosos de ser galegos, sentimos vergonza de selo.

 

25/07/2010 10:18 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris