Facebook Twitter Google +1     Admin

PEPE GOTERA E OTILIO

20100726104855-hugo-chavez-destruye-venezuela.jpg

          Os  dous teñen en común a súa especialidade en obras, ou en chapuzas. Hernández acumula unha chea de méritos que van deixar en paro a Otilio; polo de pronto é especialista en escamoteos; sabe votarlle un capote a tódolos atrancos legais e procedimentais que se lle atravesen no camiño. Vale como exemplo esa querela na que se atopa envolto por a asignación  dunha  certificación  de obra, antes de  que fora nomeado Conselleiro.

           En algúns casos, como no proxecto da Lei de Augas, contradícese, e non queda claro se o recibo terán que pagalo as Comunidades de Veciños e os particulares, que se abastecen de pozos; obras, en ambos casos, que non foron financiadas con fondos públicos. O que si quedou claro e que o recibo subirá cerca dun 400%.

           Temos que estarlle agradecidos a que as obras se adxudiquen á oferta mais cara, que coincida cunha empresa coa que ten ligazón, é unha simple coincidencia; tampouco se pode pensar mal, nin se debe, pero poder pódese, polo sobrecusto de 400 millóns de euros da vía da Costa da Morte; e así, mais, e mais...

26/07/2010 10:49 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris