Facebook Twitter Google +1     Admin

XA NON VAI SER UN MAUSOLEO

20100727105959-g17p9f1.jpg

                                                   

           De xeito algún quero  despreza-la cultura, pero calquera ve que a  Cidade da Cultura é un  disparate colosal.

           Cos pes no chan, non é defendible o emprego de cantidades  astronómicas de diñeiro nun proxecto cultural, que aínda non  está definido, mentres o pais languidece  na        miseria e  asulugado coas necesidades

           Estou dacordo co uso  que a Xunta lle vai dar ó  complexo, aínda que eso supoña unha adaptación, incluso o cambio de nome. Que se centralice alí centros tecnolóxicos e de investigación. Será a única maneira de  construír algo con visión de  futuro. Postos a innovar debían  redifinir o proxecto e centralizar alí tódolos servicios administrativos. da Xunta. O mesmo tempo,  constatamos o fracaso dun proxecto megalómano dun Fraga, que  no seu declive, quixo deixar a súa pegada na historia de Galicia. A que se pretendía fora a Cidade da Cultura, un pozo sen fondo orzamentario e sen proxecto definido, será unha pegada na historia,  na que quedará de manifesto  a ma¡la  xestión do PPG e o desbaraxuste da súa administración.

 

27/07/2010 11:00 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris