Facebook Twitter Google +1     Admin

O PERIGO DE DISENTIR

20100804110138--e2-80-a2mv03-iluminati-2-cvr.jpg

 

 

         A Real Academia Galega ten criterio propio. Que non se deixe dirixir dende San Caetano supón un feito de rebeldía intolerable, afastarse do pensamento único, que dende o refuxio atómico de Monte Pío se dicta pra Galicia,

         Feijoo reconverteu os sotos de Monte Pío nun refuxio da súa ética política e, dende alí,  dicta suras contra dos que non  bendicen a súa política xenocida. Non podía ser doutro xeito, a Real Academia Galega non é partícipe da súa política de bilingüismo cordial, o que leva a Feijoo a ataca-la RAG. cunha virulencia descomunal.

         Esa política da RAG fana merecente,segundo se ve, dos ataques do Presidente da Xunta. Ata o de agora, nunca o presidente da Xunta se inmiscuira na labor da RAG. Agora intenta desprestixia-la Institución, acusándoa de estar actualmente ó servicio de ideoloxías sospeitosas, e obviando o discurso de Barreiro, anterior Presidente da RAG, no que acusaba a Feijoo de xenocida cultural

         Feijoo pretende algo así como unha reproducción do monte Medulio, no que os galegofalantes se suiciden colectivamente, no eido cultural, e se entreguen sen resistencia a Gloria Lago.

         Feijoo prometeulle a alma dos galegos a Gloria Lago, que lle segue esixindo mais contundencia contra ese irreductible grupo de galegos que se opón os seus aquelarres antigaleguistas.

           A RAG é unha árbore con fondas raíces que aguantará os ventos pezoñosos  de Gloria Lago e Feijoo. Permanecera,. cando  eles se vaian, o mesmo que o fixo noutros tempos do fascismo

 

04/08/2010 11:01 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

Autor: Val miñor

Para moitos era evidente que si a RAG era presidida por un home do prestixio de Ferrín (pouco sospeitoso de pregarse ao poder), o máis natural era dar un paso á fronte e plantarlle cara ao exterminio cultural promovido dende San Caetano.
Non lle farán máis que cóxigas, pero ten que foderlles...

Fecha: 04/08/2010 18:41.


Autor: Sartalo

E a dereita segue "erre que erre" coa súa consigna estrela sobre Feijoo: que é un grande xestor é que é apolítico.
Pois ben, as súas accións comezan a delatalo: é un chapuceiro (porque leva un ano dirixindo a Xunta e metendo a pata a cotío), e tamén un dereitista da máis resesa inspiración galego-españolista.
Non engañas a ninguén Freijolito...

Fecha: 04/08/2010 18:49.


gravatar.comAutor: Anónimo

Si o novo decreto das linguas se leva a cabo segundo as bases presentadas por Feijóo, o ensino público vai perder calidade.
Este decreto ten moitos erros e incongruencias que demostran,entre outras cousas, que os seus redactores non teñen nin idea da realidade dos colexios.
Irían todos ao colexio cativo no que,segundo as súas declaracións, estudou Núñez Feijóo? O erro fundamental é relegar a lingua galega a un terzo do horario escolar dedicandolle o mesmo tempo que o inglés.Esta, ainda que importante, é unha lingua estranxeira e o galego é a lingua propia de Galicia e oficial. Neste decreto se equiparan.
Dende o punto de vista pedagóxico hai outro erro importante e que pode acarrear graves consecuencias aos nosos alumnos : considerar o inglés como lingua de aprendizaxe . Pensemos en nenos de 6 anos dando un terzo do seu horario en inglés. Van adquirir os contidos das áreas se se llles explican nunha lingua estranxeira que non coñecen? Aos "entendidos" da Xunta non se lles ocurreu pensar nas dificultades que van ter eses nenos? Hai outros xeitos de mellorar o nivel de inglés ademais de impoñelo por decreto.
O PP falaba da imposición do galego cando o que había aprendizaxe nas dúas linguas oficiais e aprendizaxe dunha lingua estranxeira dende infantil. Acusaban ao bipartito de impoñer o galego,unha mentira máis, e agora vanlle impoñer o inglés aos nosos fillos.
Como galega,como mestra e como nai rexeito o proxecto do novo decreto e rexeito a imposición do inglés.
Onde non había problema, vanse crear varios

Fecha: 04/08/2010 18:52.


Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris