Facebook Twitter Google +1     Admin

ENCHEDEVOS, GALICIA INVITA

20100825101810-comilon.gif

 

         Con descaro, sen inmutarse o mais mínimo, Feijoo fixo do público unha fonte de negocios pra xente do partido. O  Xacobeo  séguelle unha longa restra de bos negocios; en sanidade, desbótase un centro como o de Montecelo, en Pontevedra, onde, non fai moito,  se fixo unha inversión astronómica. Todo pra lle adxudicar un novo centro os amigos, ó mesmo tempo que Telmo e compañía dispoñen dunha nova zona pra especulación urbanística.

          O novo hospital pra Vigo estará presupostado en tres veces mais do que o valorara o bipartito; eso que o proxecto  do PP reduce o número de camas previsto nun 15%. Os beneficios teñen que ser gorentosos e inmediatos,  os amigos do PP teñen moita ambición de grades beneficios: os vigueses, os galegos en xeral, serán os que pagan. Este tipo de iniciativa supón un endeudamento encuberto; unha carga impositiva diferida. En definitiva, mentiras.

          No verán, calculadamente, pecháronse plantas enteiras dos hospitais públicos; como as doenzas non  respetan datas, os doentes derívanse a centros privados, que están facendo o agosto, nun ca mellor dito. O Sergas, é  dicir nos, paga..

 

     

25/08/2010 10:18 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

Autor: Bértola

A política sempre foi unha fonte de ingresos para encherse...e se non, basta lembrarse do moito que gañan as empresas de toldos cos mítines, enchentas de vellos, inauguracións..etc.
Tamén viven do conto os das bandas de música, as polbeiras...tododiós!!!

Fecha: 25/08/2010 10:56.


Autor: Pontevedrés

INDIGNANTE Freijolito calificando de óptimos os resultados da campaña de loita contra os lumes deste ano!!!
Este tío é un auténtico PROVOCADOR, un chulo, un prepotente.
Ou iso, ou está cego

Fecha: 25/08/2010 11:00.


gravatar.comAutor: o autor

Si zeñó, diría un andaluz; comentarios atinados

Fecha: 25/08/2010 12:51.


gravatar.comAutor: o autor

zi zeñó, diría un andaluz; comentarios mo atinados.

Fecha: 25/08/2010 12:54.


Autor: Anónimo

Efectivamente, non han ser poucas as empreas que están afiando os dentes para meterlle un bocado á tarta do SERGAS. Logo de que este modelo se amosara inútil e gastón en Madrid, agora os seus ollos vólvense cara Galicia...onde aínda teñen capacidad de metela ben doblada.
Para iso xa está Feijoó abrindo as portas de par en par. A encherse toca!!!

Fecha: 25/08/2010 14:49.


Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris