Facebook Twitter Google +1     Admin

LUME NO MONTE

 

             Non sabedes o peso que me acabo de sacar de enriba. Feijoo declaroulle os periodistas que o sistema contraincendios ben funcionando dun xeito óptimo. Nada comparable o do 2006, no que, segundo el, non había coordinación. Debe ser cuestión do calor do mes de agosto; este calor faille dicir e facer á xente  cousas raras.De tódolos xeitos, a Feijoo o mesmo que Aznar,  vailles a provocación, son chulos e prepotentes, esta debe de ser unha  das razóns do que dixo.

             Non chegou Feijoo a quitar toda a axuda pra limpeza de montes. Unha asociación forestal da provincia de Pontevedra foi subvencionada coa incrible cantidade de 440 euros. Papeleo, con informes técnicos, planos topográficos, etc, hasta dez documentos, en costo, xa multiplican por dez esa  cifra. As axudas solicítanse a primeiros de ano, e non se poden facer ningún traballo antes da resolución, senón quedan automaticamente excluidos. As resolucións están chegando agora; cando o lume xa ten feito o seu traballo.

             A contía das axudas debe ter como finalidade insultar, ou colaborar cos incendiarios; ó mellor as dúas. Se houbera outra gustaríame coñecela.

             O sistema contrainendios funcionou, segundo Feijoo, optimamente; vaite a ver que entende el por optimamente. Como responsabilidade política debera dimitir el e o Conselleiro de Medio Rural. Dame medo pensar que quedariamos nas mans  de Rueda: Portugal amosou intres no plan  de loita contra ó lume que desenrolara o bipartito, pero a Feijoo  non lle serve, así lle vai..

             Nun día de calmucio, do mes de agosto, con forte  vento de levante, cunhas condicións meteorolóxicas moi semellantes as de cando o da illa Perexil, Aznar    chega a Melilla. Pola rua abaixo camiñaba un amplo séquito; ó fronte, o presidente da cidade e Aznar. Non fixo adominales, nin sequera se achegou á fronteira, o seu era simplemente incordiar. Cousas do mes de agosto.

30/08/2010 11:05 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

Autor: Castrelos con cachelos

Ja,ja,ja...vaia batiburrillo de historias máis divertidas. Estiveches pavero hoxe, si señor!!

Fecha: 30/08/2010 11:57.


Autor: Piusiño

A ver si o entendo...
Feijoó dixo que a campaña contra os lumes deste ano foi ÓPTIMA.
Óptimo é aquello millor que bo, que xa non se pode mellorar, ou sexa, que non existen danos, nin materiais, nin para as persoas.
Dicir isto, cando tivemos a morte de dous brigadistas no monte, e moreas de hectáreas queimadas ten que vir dalgúen, que máis que demagogo, é completamente estúpido.

Fecha: 30/08/2010 12:07.


Autor: Anónimo

Efectivamente, ti o dixeches. Aznar o que tiña que facer ao achegarse a fronteira sería rasgarse a camisa (como un superheroe) e botarse ao chan e facer mil adbominais (cunha man, eh!!) ao grito "que vos invadimooooooooooooos", para acollonar aos guardiñas marroquís.
O do pirixel ao lado desto ía ser tontería...

Fecha: 30/08/2010 12:11.


Autor: Val miñor

Non sei que terá o lume que a Feijoó caúsalle estragos nos miolos e sempre fai parvadas.
Lembrádevos da ridícula pose do 2006 cando quixo axudar a apagar un lume forestal cunha mangueira de regar o céspede, eso si, camisa de marca ben remangada aos cóvados e xersey de lacoste anudado ós ombreiros. Penoso
Desta vez alomenos enviou a facer o ridículo ao esbirro Rueda, quen apostado tras das carrocetas das brigadas ¿dirixía? o operativo de extinción...eso sí, a distancia, non fora ser que se lle chamuscara o tupé. Por suposto, en canto pudo, liscou para Cambados a encherse cos próceres de Génova e a pasearse engalanado coas túnicas do albariño arrodeado das loas dos seus fieis. Penoso tamén.
Pois ise debe ser o dispositivo do que tanto se gaba Feijoó. Menudo desgoberno que temos. Penoso

Fecha: 30/08/2010 19:05.


Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris