Facebook Twitter Google +1     Admin

DENDE SOUTOMAIOR

20100908104106-220px-castelosoutomaior.jpg

  

   O castelo de Soutomaior aínda garda os ecos dos pezuños dos cabalos de Pedro Madruga, cando    recorría a bisbarra, e nas súas correrías chegaba a terras do que hoxe é Portugal.  Son  ecos medievais dun pasado. Mais é alí onde o PP se sente na  súa salsa; un pasado alongado no tempo, pero cércano no sentir. Pros líderes do PPg a figura de Pedro Madruga é mais celebrada que a de Rosalía, ou calquera intelectual galego. Se non chega con ver os feitos, se alguén o dubida.

     O Castelo de Soutomaior, propiedade da Deputación de Pontevedra, foio o marco elixido pra unha gran paparotada, na que centos de peperos deron boa conta de empanadas, polbo e viño; mentres Rajoy fixo vagas e engaioladoras promesas de goberno, destinadas, non solo ó consumo interno, senón a potenciais votantes. Si goberna vai promulgar unha lei, única no mundo, pra que o PP goberne, por lei divina, nos concellos. Á marxe dos resultados electorais. O PP que fai de calquera xuntanza unha festa medieval, con comidas regadas por viño abondoso, sen controles de alcoholemia e na que facemos de páganos.

     A coalición que concorre á seleccións baixo ás siglas do PP tería, pra concorrer con limpeza separasen as  distintas fraccións da dereita; logo xogamos; pero pretender gobernar  cunha minoría de votos, como fai na Xunta, e querer aínda mais,  é ter moito papo e pouca vergonza. 

    O PPg é a mais rancia expresión do réxime feudal. Os alcaldes son os señores feudais locais, que dependen dos señores  de Santiago. No vértice atopase Feijoo, rodeado de servos. Este PP galego, a mais de feudal, é moi vingativo, partidista e  revanchista, como o ven demostrando dende que goberna Feijoo. Ademais da ultra conservadora ideoloxía, ten un xen destructor, único, e un sentido franquista do poder.

 

 

08/09/2010 10:41 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris