Facebook Twitter Google +1     Admin

MORTE POR ESGANAMENTO

        Galiza, salvo Feijoo, que non  é deste mundo, láianse da morte dun medio de comunicación en galego. Por moito tempo, A NOSA TERRA, foi un facho na escuridade, que daba luz na nosa cultura,   cando  escribir  en  galego era un desafío, polo que foi, xunto con GRIAL, unha publicación pioneira.

        As publicacións, dunha natureza similar á NOSA TERRA, non teñen doado sobrevivir sen axuda do goberno. Feijoo dende un principio vetou ás axudas a estas publicacións e volcouse con medios de comunicación poderosos, que o podía apoiar na súa política de arrasamento e asalto ó poder.

        A NOSA TERRA, ademais dun poder político hostil, tamén sufriu, como empresa, as restriccións do crédito. Entre todos  a esganaron e nesa política benefactora de Feijoo, na que se reparten cartos en subvencións, en función da afinidade política, ou beneficio a obter, e negocios coa súa política de privatización do público; diríxese a información pra que os galegos pensen que viven nun mundo de fantasía. Prohíbese o ensino na lingua propia,  dicindo que se ampara a liberdade, abandonase o agro, pra que os labregos se entreguen ós caciques.

        Temos que  ver como outros escriben a nosa historia, A NOSA TERRA xa a silenciaron. Augúrolles a outros medios unha difícil singradura polos procelosos mares da liberdade. O fouciño do poder axexa.

09/09/2010 10:32 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

Autor: pitaazul

Esto é o que cabe esperar deste goberno fascista que temos, cargouse o galego no ensino, na administración, na prensa e teñen a pouca vergonza de apoiar no Parlamento galego unha iniciativa do BNG para que o galego sexa o idioma de referencia dos funcionarios.
De risa... Eses que fixeron todo o posible para destruir o idioma agora fan a pantomima de apoiar o galego... ja, ja, ja

Fecha: 09/09/2010 21:03.


Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris