Facebook Twitter Google +1     Admin

¿QUÉN DIXO AUSTERIDADE?

 

          Se algún incauto se tragou o discurso, tan manido, que nos indilgou Feijoo, sobre a austeridade, o que o tempo encargouse de ir poñendo no seu sitio.

          Non imos falar das papancias que  se pegan os conselleiros e demais persoal  a conta da Xunta, sequera desa macropapancia que se pegaron centos de peperos na festa de Soutomaior. Tampouco das papancias da Deputación de Pontevedra e de certos concellos.

          Non hai diñeiro pra infraestructuras, a crise, a austeridade, o bo goberno; pero hainas pra subvencións  ós amigos.. A longa ringleira de subvencionados, únese a do irmán do Conselleiro de Cultura. Non se sabe moi ben se un  contrato a dedo, ou unha subvención; o que está claro é que se embolsa case 400.000 euros.

          Vendo como se enchen e se reparten subvencións, calquera diría que estamos en  crise.

          A austeridade de Feijoo aínda é mais incomprensible cando vemos a operación reconquista financiada polo PPg.

           Nada se soubo, e segue, dos contratos adxudicados a dedo a empresas do Gürtel. Subvencións, paparotadas. xugosos contratos, viaxes, etc  son propios da austeridade

18/09/2010 10:00 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

Autor: Ventureiro

De vello é sabido que haiche moito conto niso da austeridade na función pública. E se non, tan só hai que se achegar a San Caetano para descubrir que tócalles apretarse o cinto aos de sempre...os que están por debaixo.
Aos que teñen os bandullos cheos sempre lles cae a crise máis lonxe.

Fecha: 18/09/2010 22:08.


Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris