Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

O BRASEIRO

 

        Logo da folga xeral, na rúa solo quedou un braseiro apagado. Os folguistas, digamos os sindicatos, non foron capaces de conectar coa rúa, nin o pretenderon. Son incapaces de vivir na realidade presente; están inmersos na loita de clases decimonónica e non ofrecen solucións pros retos de hoxe. Asistimos a uns sindicatos domesticados, acomodados nun xeito de vida que lles garantiza a supervivencia persoal, arredándoos dos problemas reais dos traballadores, ós que din servir. Hoxendía xa non é un problema solo de  salarios e  condicións laborais. A política e a economía condicionan as relacións laborais, e fase preciso que os sindicatos afronten este feito, se non queren vivir nun pasado alleo. Mentres a dereita económica dirixe os países, utilizando os gobernos de esquerdas pra conquerir os seus obxectivos.

        Non prantexaron os sindicatos unha reforma do gasto, buscando a eficiencia e o aforro, porque se vería afectados eles mesmos. O mais cómodo é facer cae-los sacrificios sobre as costas  dos currantes e manter intactos os previlexios do poder económico, dos políticos e sindicatos. A  folga, un paripé, pra entrete-lo persoal.

0 comentarios