Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

MENTIRAS PRA MESNADA

MENTIRAS PRA MESNADA

 

      As mentiras non gobernan, teñen as patas cortas e non chegan lonxe. Mais que se pode facer cando os que nos gobernan non teñen outro argumento que a mentira; pouco queda que facer, é dicir, non facer nada, non lée-los titulares mercados, nin escoita-las radios que repiten sempre as mesmas consignas, unhas consignas que semellan as do 1939; unha televisión que se envolve na neftalina do branco e negro, do servicio ó partido único. Nesta  caso usar tapóns pros oídos, pra non sufri-lo síndrome de hamelín,  e pasar da telegaita, amén de ler con espírito crítico.

     O paro vólvese a incrementar en toda España, pero o diferencial que tiña Galiza co resto do estado desapareceu, nembargantes, Feijoo coa súa estatística constructiva tempera e, incluso, saca datos positivos do paro. De certo que pouco se pode esperar dun persoeiro que ten abandonado a tarefa de goberna-lo pais  e se dedica a facer turismo por España, predicando doutrinas ultradereitistas, mentres esmorece a renda do que fixeron os seus predecesores e que foi incapaz de destruír, pero que tampouco é capaz de conservar.

 

  

1 comentario

Currrumeiro -

As verdades destes políticos pepeiros son medias verdades ou mentiras enteiras para consumo dos seus acólitos e para enaltercer ás masas populares debecidas das paranoias megalómanas do freijolito.
Verdadeira política-basura, o mcdonall's da política autonómica...