Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

OS CAMBEOS

OS CAMBEOS

                  

        Como comportamento lóxico, o electorado ten a tendencia a cambia-lo goberno coa esperanza de que os novos gobernantes solucionen a crise. Esto sucedeu en Inglaterra, en Estados Unidos e en Galiza. En Inglaterra, que parece, malia a elocuentes silencios e insinuacións, é o modelo de Rajoy, incrementase o paro, coa eliminación de empregos públicos e privados, redúcense os servicios sociais, facendo recaer a crise sobre os mais débiles. Pra oposición e moi doado prometer, incluso promesas contradictorias entre si, mentres que o goberno xulgarase polos feitos.

         Se ben podíamos preve-la tendencia de Rajoy, pola súa loubanza do modelo de goberno inglés, esto non é senón un engado pra que nos esquezamos da súa axenda oculta. Polo de pronto, polo que se sabe, prevese unha minoración de mais de 70 millóns de euros nas transferencias a Galiza; asumibles dende a Xunta actual, a xulgar polo seu silencio..

         As promesas electorais de Feijoo, o seu famoso contrato, quedaron varadas, á espera de novas chuvias. O paro en Galiza, malia que a xente en idade de traballar emigra en busca de emprego como en tempos pretéritos do pasado, e situase dous puntos por enriba da media do estado. Dos servicios sociais, mellor non falar. ¿Onde está o contrato?

 

0 comentarios