Facebook Twitter Google +1     Admin

A SANIDADE NA RUA

 

 

          Non creo que sirva de moito que a xente se manifeste, que se palpe a preocupación social na rúa. Os gobernantes  viven  nos seus castelos, alleos as coitas do común. Aquelo de que os gobernantes buscan o ben común parece unha reliquia do pensamento clásico. Nada da vella doutrina vive  nos  corazóns dos políticos, se é que os teñen. Os rumores da rúa non se escoitan  en Monte Pío. Na residencia do Presidente da Xunta, o seu morador vive naquel castelo encantado e nada do mundo dos mortais perturba a paz do esgrevio inquilino.

           Non aprenden nada daquelas fracasadas fundacións, inventadas pra xestiona-la sanidade, na etapa en que Feijoo  era un meritorio da man da Romay. Bueno, si serviron, pra colocar a   dedo os amigos e pra enche-los petos de algúns.

           A febre neoliberal e privatiza-lo todo, é superada pola   escura xestión de sanidade. Tan escura que nada se sabe dos 67 millóns  de euros que o goberno anterior adxudicara ó Hospital da Mariña de  Ferrol.

           O Hospital de Lugo, os proxectos dos Hospitais de Vigo e Pontevedra, así como a ampliación do Hospital do Salnés, chocan coa desastrosa xestión da Conselleira Farjas. As xeneracións vindeiras terán que  cargar cos desatinos do actual goberno da Xunta. Non é certo que a política e privatización da sanidade sexa mais económico, de feito sae moi cara, pero O PPg non a ve como un servicio, senón como un negocio.

23/11/2010 10:40 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris