Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

A GOLETA

A   GOLETA

 

        É singular, porque solo hai unha goleta, a goleta mais   cañeira, mais luxosa, a raíña das goletas. O pais dos 600.000 pobres ten, tamén, unha clase de políticos con sofás de plumas, moves de madeiras nobres, artigos de pel repuxados e despachos de 150 metros coas paredes revestidas de madeira. Despachos luxosos e grandes, cheos de plantas, co que se espera agrandar a imaxe do seu morador, pero o que se fai é dar a imaxe dun home pequeno non espacio  grande. O fin está logrado, o home ten cheo o seu ego, na porta  espérao un gran coche oficial e no banco unha conta xenerosa. El merecía esta vida, por herdade, non por mérito; naceu nunha familia de avoengo e agora que os seus gobernaban a Xunta, ocuparía un espacio, acorde coas súas ambicións. Non  importa o beneficio que a súa xestión reporta a comunidade, o importante é que os seus teñen unha parcela do poder baixo a ala protectora  da gaivota. Os cartos hai que queimalos, o ego non ten límite, o mesmo que a corrupción de Feijoo; dese xeito naceu o proxecto da goleta, que non terá outro obxecto que pasealas personalidades do partido e afíns polas augas de Galicia, nuns cruceiros de luxo, pagados coas nosas miserias. A goleta, que inicialmente costa un millón novecentos mil euros, será construída por unha empresa vasca, que desprazará, de non construírse a goleta no seu asteleiro, ós traballadores a Galiza. Queda sen argumento a Xunta, cando dixo que o proxecto era pra incentiva-lo emprego e a carpintería de ribeira.

        Agora resulta ridículo a que armou o PPg coa volta que se dera o líder do BNG na lancha dun amigo. Demostraron o que xa se sabía, a corrupción, o despilfarro e as demostracións de luxo, son patrimonio do PPg.          

        Cándo nos veremos ceibes destes sátrapas mentireiros e corruptos.

 

 

0 comentarios