Facebook Twitter Google +1     Admin

DIMENSIONADO

20110202104131-image7101.png

 

         O gasto pra colleita de votos na emigración ten que ser redimensionado;  iso é o que quixo dicir Camba, ese muñidor de votos que Feijoo ten pra emigración.  Il falaba referíndose ó hospital de Bos Aires.

         Logo de que a privatización fora un fracaso, e suprimi-la fundación Galicia Saúde, votoulle a culpa da desfeita ó bipartito ó judaismo internacional e ós grandes expresos mundiais. Todo menos recoñecer que xa lle anticiparan á empresa, que ía xestiona-lo hospital, unha boa suma de diñeiro, que agora se esfumou, e que o goberno galego é todo menos un goberno. Eficiencia e austeridade son termos que o goberno bonsai ignora, ou descoñece o seu significado.

         Estes  bos gobernantes arman lameiras e logo queren que o papá Estado se faga cargo da desfeita: Iso foi o  único que se lle ocorreu a Camba.

             Que se fale de austeridade e se monten embaixadas paralelas ás do Estado,  sen reparar en gastos, co único fin de controla-los emigrantes e ter un pebideiro de votos cautivos, resulta dun hipocrisía incrible.

02/02/2011 10:41 mmarcos #. sin tema

Comentarios » Ir a formulario

mmarcos

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.





Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris