Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

¿ULA O INEMIGO?

¿ULA O INEMIGO?

 

 

         Estamos perdendo o tempo si andamos a buscar en Que tobeira se atopa o inimigo. Non vive lonxe, por mais de que os males pro noso sistema financeiro veñan de Madrid, da man da ilustre Ministra de Facenda, que ten de tras a Zapatero ó Gobernador do Banco de España, a Mariano Rajoy e os grandes bancos. O que realmente resulta chungo é que os políticos locais, con Feijoo a cabeza, ou pasan do tema, ou se lían en cuestións estériles, que pouco teñen que ver coa realidade do problema. Si a todo elo lle engadimos un feixe de directivos, conselleiros e persoal vario, mais preocupado das súas poltronas que do futuro da caixa, temos un cóctel moi preocupante.

            A interpelación ó goberno do Senado BNG Pérez  Bouza, sobre os bandazos do goberno de Zapatero no tema das caixas, foi como si se acendera unha luz na pecha noite do sistema financeiro. Non é xustificable a medida polo motivo de reduci-lo sector, pois Alemania ten mais de 400 e non ten esa necesidade. A razón é que o goberno e a oposición están de acordo en entregárllelas ós bancos, ós que lle deben moito. Nese obxectivo de acoso está o mudar de esixencias cando cumpriron as ditas anteriormente, e seguiran polo mesmo camiño, si fai falta.

           Mas fixo un discurso pra Cataluña  que votamos de menos no noso Presidente. Temos que comprender que estamos a falar de dous políticos moi distintos; mentres Feijoo está condicionado polo que pensen en Xénova, Mas solo lle move o intres de Cataluña; mentres que Mas é un político de talla que conta con xente moi capacitada pra asesoralo e ten vocación de servizo á comunidade, Feijoo é un político rodeado de caciques e con aspiración de irse pra Madrid;  Galicia non lle preocupa o mais mínimo.

0 comentarios