Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

O MONSTRUO

O MONSTRUO

     Galicia é unha nave que surca uns mares procelosos, capitaneada por un Presidente ó que non lle importa o rumbo da nave. Pra Feijoo Galicia é un peldaño do poder pepero. Si xa así tíñamos bastante, o menstruo da Cidade da Cultura ameaza a nosa imprevisible singladura.

    Negábame a visita-la Cidade da Cultura; cun engano leváronme alí, e podo dicir que, si antes tiña un concepto negativo da obra, agora sinto  anguria o ve-lo menstruo, aquel despropósito, no que xa levan enterrado centos de millóns de euros.  

    Espazos enormes e arquitectura orixinal pero sen funcionalidade, sería o ditame de urxencia. As cubertas, que arrancan da cota cero, fan sentir un escalofrío, cando se ve os nenos utilizalas pra algo que non foron pensadas: a escalada. Correndo polos enormes andares e escalando as cubertas, vese un montón de nenos; nade nas sala de biblioteca, nin noutras dependencias  de natureza cultural, que se supón son a razón de ser do menstruo. Vendo a cantidade de nenos e o goteo de autobuses do INSERSO, a Cidade da Cultura pode ter unha función pra que non foi proxectada. Lugar de encontro interxeneracional, encontro da terceira idade, ou parque infantil de xogos. Carísimo, desproporcionado, inútil.

    O custe do mantemento das instalacións será como unha lousa que pesará nos orzamentos da Xunta. Os efectos debastadores sobre os museos da comunidade xa se deixa sentir; reducíronlles as asignacións económicas ó mínimo. Solo sobrevirán os que non dependan da Xunta e podan sobrevir con recursos locais. Resistirse ó espolio e o saqueo vai ser outro reto ó que se enfrontarán os museos.

    Touriño perdeu unha oportunidade de poñer orden neste despropósito e destinar as edificacións en execución a outros fins, ou simplemente arrasalo, porque é un proxecto inviable, que lastrará o desenrolo de Galicia.

 

0 comentarios