Blogia
A MIÑA TERRA GALEGA

MAIS OSCURIDADE

MAIS OSCURIDADE

 

       Cada vez mais, temos que desconfiar das estatísticas. Danse a coñece as cifras do paro e observamos unha lixeira melloría; eu diría tan lixeira que me leva o convencemento de que neste eido seguimos con encefalograma plano. Agora xurde a pregunta do millón. ¿ non ían  ser as medidas que precarizaron o emprego as que dinamizarían o mercado laboral?. Viuse que o problema non  era a rixidez da regulación do emprego. Os mal chamados incentivos á contratación crearon na clase empresarial unha mentalidade perniciosa, concibindo a creación de emprego como un incremento barato, sen esforzo, dos beneficios. Se ten que haber unha liberalización do mercado laboral, non pode artellarse sobre as cargadas costas dos currantes. As xenerosas subvencións ós empregadores teñen que ter unicamente unha función correctora no mercado laboral, pra incentiva-la contratación de grupos de persoas, excluídos do mercado laboral; nunca subvencións pra contratar a alguén, que de todos xeitos o farían, e que pra mais vai a desprazar, pro paro, a outro traballador, o ocupa-lo seu posto; xa que non se trata de novos empregos. 

        As sospeitosas manipulacións de estadísticas quítalle todo o valor ós datos publicados. Sospeitas fundadas lévannos a estimar que a Xunta agocha a cifra duns 7.500 parados, que quitou das estadísticas colocándoos en cursos de formación. Algo había que facer con estes parados que lixaban as estadísticas da  marcha triunfal do réxime. Quén nos di que as  outras estadísticas, de outras autonomías, non están tamén manipuladas.

 

0 comentarios